Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros tramita expediente para a elección de xuíz de paz titular do Xulgado de Paz de Oleiros (A Coruña).

As persoas interesadas poderán presenta-las súas solicitudes mediante instancia que se presentará no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de quince días hábiles, contados desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As condicións legais que deberán cumpri-los aspirantes para seren elixidos son:

a) Ser español e maior de idade.

b) Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade que se relacionan:

1. Estar impedido, física ou psiquicamente para a función xudicial.

2. Os concenados por delicto doloso, mentres non obtivesen a rehabilitación.

3. Os procesados ou inculpados por delicto doloso, en tanto non sexan absoltos ou se dicte acto de sobresemento.

4. Os que non estean en pleno exercicio dos seus dereitos civís.

c) Non estar incurso en causas de incompatibilidades previstas para o desenvolvemento das funcións xudiciais artigo 389 e seguintes da Lei orgánica do poder xudicial agás do exercicio de actividades profesionais ou mercantís.

Xunto coa instancia deberá presentarse a documentación seguinte:

a) Certificado de nacemento ou fotocopia auténtica do DNI.

b) Certificado expedido polo Rexitro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1960, no seu punto 1 a) referente a se se atopa inculpado ou procesado.

c) Xustificación de méritos que alegue o solicitante.

Oleiros, 20 de marzo de 1998.

Mª Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

2967