Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-260).

Por resolución nº 5530/1997 do 20 de novembro de 1997, acordouse aprobar definitivamente o expediente denominado proxecto de urbanización da U.E. nº 28, en Portonval-Aguieira (Dorneda). Contra este acordo, que pon fin a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias prevista no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento adminstrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2º do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a

instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da cita lei.

Oleiros, 11 de marzo de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

3425