Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

No BOP nº 49, con data do 2 de marzo de 1998, e posterior corrección de erros no nº 58 con data do 12 de marzo de 1998, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria para o acceso libre a unha praza da policía local deste concello, vacante a partir de marzo de 1998, as cales foron aprobadas polo pleno en sesión celebrada o día 27 de xaneiro de 1998.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do correspondente anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta con

vocatoria publicaranse integramente no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello de Mondoñedo.

Mondoñedo, 24 de marzo de 1998.

Manuel Javier Loira Rúa.

Alcalde

2969