Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

CONCURSO con intervención de xurado para a contratación da asistencia ténica para a redacción do Plan Especial de Protección (PEP) Monte da Guía do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante. Organismo: Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo. Dependencia: Planeamento e Xestión, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 4467/411.

2. Obxecto do contrato. Descripción: asistencia técnica para a contratación da asistencia técnica para a redacción do Plan Especial de Protección (PEP) monte da Guía do Concello de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: cláusula 7 do prego de condicións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso con intervención de xurado do artigo 216 da Lei 13/1995.

4. Orzamento base: 7.873.522 ptas.

5. Garantías. Provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 48 fax: 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas. Data límite: 26 días contados desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 9.3.2 do prego de condicións administrativas. Para a valoración dos proxectos teranse en conta o interese do proxecto presentado, a experiencia en traballos similares, a composición pluridisciplinar do equipo, os medios técnicos dos que se dispoñen e o programa e calendario de traballo.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 25 de marzo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Presidente da Xerencia de Urbanismo

2965