Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.039

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Nestlé España, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Nestlé España, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-3-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación

da empresa e da parte social, polo comité de empresa, en data 6-3-1998. De conformidad co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de marzo de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

Ámbalas representacións están conformes en que o obxecto fundamental que se persegue coa formalización deste convenio colectivo é o de mellora-las condicións de vida dos traballadores e incrementa-la productividade.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo regulará, a partir da súa entrada en vigor, as relacións laborais entre a empresa Nestlé España, S.A. e o persoal do seu cadro, coas excepcións que se detallan no artigo 4º.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo será de aplicación ó centro de traballo de Pontecesures.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

Rexerase por este convenio colectivo o persoal que preste servicio no centro de traballo a que se refire o artigo anterior, coas excepcións seguintes:

a) Os cargos de alta dirección, goberno e consello.

b) As persoas ás que se lles encomendase algún servicio sen suxeición a xornada e que non figuran no cadro de persoal da empresa.

c) Os pertencentes ós grupos técnicos, administrativos e subalternos no relativo exclusivamente a retribucións do capítulo V, por canto seguen un sistema de determinación salarial diferente.

Artigo 5º.-Ámbito temporal.

1. Calquera que sexa a data da súa aprobación e publicación no BOP, o presente convenio colectivo entrará en vigor o día primeiro de xaneiro de mil novecentos noventa e oito e vencerá o 31 de decembro do seguinte ano 1999, agás no tocante ás retribucións do capítulo V, que rexerán ata o 31 de decembro de 1998, polo que volverán a negociarse para o ano 1999.

2. O convenio colectivo entenderase prorrogado tacitamente por períodos anuais, agás que algunha das partes o denunciase cunha antelación mínima de tres meses á data do seu vencemento ou á de calquera das súas prórrogas na forma regulamentaria.

Artigo 6º.-Rescisión e revisión.

1. O escrito de denuncia incluirá certificado do acordo adoptado pola representación social ou económica, razoando as causas determinantes da rescisión ou revisión e incluíndo, en caso de revisión, o proxecto dos puntos que hai que modificar.

2. En ámbolos casos, o convenio colectivo entenderase prorrogado ata que se conclúa un novo acordo ou sexa dictada disposición específica pola autoridade competente.

Capítulo II

Compensación, absorción e garantía persoal

Artigo 7º.-Consideración global.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e, para efectos da súa aplicación práctica, deben considerarse globalmente.

Artigo 8º.-Compensación.

As condicións pactadas neste convenio colectivo son compensables en cómputo anual coas que anteriormente rexesen por melloras concedidas pola empresa, imperativo legal ou pacto de calquera clase.

Artigo 9º.-Absorción.

As disposicións futuras de calquera clase que impliquen variación en calquera das cláusulas deste convenio colectivo unicamente terán eficacia se, consideradas no seu conxunto, superan as aquí pactadas en cómputo anual, sendo absorbibles en todo caso.

Artigo 10º.-Garantía persoal.

Ningún traballador poderá resultar lesionado na súa retribución global pola aplicación das cláusulas deste convenio colectivo.

Capítulo III

Comisión paritaria

Artigo 11º.-Composición.

Para a interpretación deste convenio colectivo constitúese a seguinte comisión paritaria:

Presidente: o que designe o delegado provincial da Consellería de Traballo e Servicios Sociais.

Dous membros por parte dos traballadores.

Dous membros por parte da empresa.

En ámbolos casos, nomearanse de entre os compoñentes da comisión negociadora.

Secretario: o que nomeen as partes.

Artigo 12º.-Funcións.

Ámbalas partes asinantes conveñen en lle dar coñecemento á citada comisión paritaria de cantos detalles, discrepancias e conflictos se puidesen producir como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio colectivo, para que emita o seu dictame previo á formulación de tales casos ante as xurisdiccións correspondentes.

Capítulo IV

Organización do traballo

Artigo 13º.-Organización técnica e práctica.

1. De acordo coas facultades e atribucións que segundo a lexislación vixente corresponden á dirección da empresa na organización técnica e práctica do traballo, esta poderá adopta-los sistemas de organización, racionalización, mecanización e modernización que considera oportunos, creando, modificando ou suprimindo servicios, postos de traballo ou funcións, así como a estructura e contido deles.

2. Tamén lle corresponde á dirección da empresa combinar e cambia-los postos de traballo, establecer e modificar quendas, adoptar novos métodos de traballo, utilización de máquinas e motorización de funcións, etc., de maneira que os resultados desta mecanización e progreso técnico na organización industrial se concreten nunha maior productividade, na que están, así mesmo, interesados os traballadores.

3. Cando os cambios afecten substancialmente e de forma permanente ás condicións de traballo dun servicio, deberá informarse previamente o comité de empresa para que poida emiti-la súa opinión sobre deles e efectua-las suxestións que coide oportunas.

4. A dirección aspira a que cada posto de traballo sexa ocupado polo productor idóneo polas súas cualidades técnicas, profesionais e humanas e para ese fin establécese para o persoal a obriga de se someter a probas físicas e intelectuais e cambios dos postos de traballo que se coiden oportunos.

5. Cando a empresa teña necesidade de cambiar operarios dun posto a outro, observaranse, pola orde que se citan, as circunstancias seguintes:

1. Eficiencia persoal.

2. Antigüidade.

3. Comportamento.

4. Categoría laboral.

Artigo 14º.-Valoración de postos de traballo.

1. A empresa, co fin de establecer unha remuneración o máis xusta e estimulante posible, procedeu a unha valoración real de tódolos postos de traballo ocupados por persoal obreiro.

2. Este sistema de valoración de postos de traballo é utilizado internacionalmente, adaptado ás peculiaridades da nosa industria.

3. Os traballadores, coñecedores da mellora que supón o sistema de valoración de postos de traballo, en canto a unha retribución xusta se refire, aceptan a dita valoración.

Artigo 15º.-Procedemento.

A valoración será realizada por un experto designado pola empresa, coa presencia dos membros do comité de empresa designados polo dito órgano.

Artigo 16º.-Revisión das valoracións.

Considéranse motivos de revisión dun posto de traballo, xa valorado, os casos en que concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Mecanización do posto de traballo.

b) Cambio de método operativo.

c) Modificación substancial das condicións que inflúen no coeficiente de descanso ou fatiga.

d) Variación das condicións ambientais.

Artigo 17º.-Cambios de postos de traballo.

1. Cando un traballador realice, durante unha ou máis xornadas completas, traballos superiores ás funcións que habitualmente ten asignadas, aboaránselle sempre os traballos superiores.

2. Cando por necesidades da empresa o traballador realice funcións de nivel inferior a aquel que habitualmente ten asignado, aboaráselle o nivel considerado como habitual.

3. No caso de que a petición de traballo de nivel inferior sexa cursado polo propio traballador, aboaráselle o nivel inferior solicitado.

4. O traballador que realice traballos de nivel superior ó que habitualmente ten asignado, durante un período superior a seis meses nun ano ou oito durante dous anos, asignaráselle un nivel superior, agás cando se trate de cubrir ausencias con reserva de posto de traballo.

Capítulo V

Retribucións

Artigo 18º.-Salarios.

1. As retribucións por xornada completa aboaranse de acordo coa táboa de niveis salariais que se fixan no anexo I, nos cales se consideran incluídos tódolos conceptos legais e complementarios.

2. O salario aboarase en doce mensualidades a razón de trinta días cada unha, entendéndose, para efectos retributivos, que o ano consta de trescentos sesenta días.

3. A empresa realizará o pagamento por banco para tódolos seus traballadores.

4. Tódolos importes aboables ós traballadores que figuran neste convenio colectivo entenderanse brutos.

Artigo 19º.-Antigüidade.

Os aumentos periódicos por anos de servicio serán, sen distinción de categorías, a razón de 3.506 pesetas por cuadrienio en cada unha das doce mensualidades e tres gratificacións extraordinarias.

Artigo 20º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Fíxanse tres gratificacións de trinta días de salario máis antigüidade para cada unha delas, denominadas xullo, Nadal e beneficios, respectivamente.

2. As citadas gratificacións aboaranse, respectivamente, nos meses de xuño, novembro e xaneiro de cada ano.

3. Fíxase unha gratificación denominada de abril, que se percibirá no dito mes, correspondente ó 4,5% do total anual fixado nas táboas salariais a que fai referencia o artigo 18º. A mencionada gratificación está incluída no cómputo do devandito total anual.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

1. Cando para a boa marcha da producción se faga necesario que o persoal realice horas extraordinarias, estas aboaranse, estipulando pacto expreso ó respecto, de acordo coa táboa fixada no anexo II, no valor da cal se encontran comprendidos tódolos conceptos legais e recargas correspondentes.

2. As horas extraordinarias que se consideran estructurais realízanse polos seguintes conceptos:

a) Mantemento.

b) Períodos punta de producción.

c) Ausencias imprevistas.

d) Cambios de quenda.

Polo cal quedarán exceptuadas do incremento de cotización adicional á Seguridade Social establecido no Real decreto 1858/1981, do 20 de agosto.

3. Cando coincidan máis de dous días inhábiles consecutivos (sábados que non se traballan, domingos e festivos), segundo o calendario laboral, e se faga necesario procesa-lo leite, será obrigatorio realiza-las horas extraordinarias que se precisen para estas operacións, cando non haxa persoal que voluntariamente desexe realizalas.

Artigo 22º.-Plus de nocturnidade.

1. O persoal que traballa entre as vintedúas e as seis horas percibirá un complemento por traballo nocturno que se fixa en 2.033 pesetas por xornada completa.

2. Se se traballase catro horas menos da dita xornada, este complemento reducirase a 1.204 pesetas.

3. Nestes importes están comprendidos tódolos conceptos legais e recargos correspondentes.

4. Cando o traballo que se teña que realizar entre as ditas horas sexa continuación xornada, só se terá dereito a este plus cando o tempo nocturno sexa dunha hora ou máis.

Artigo 23º.-Plus dominical.

1. Os traballadores que tivesen que traballar en domingos ou festivos oficiais e non disfrutasen de des

canso nos sete días seguintes percibirán as horas traballadas nos ditos días ó importe fixado no artigo 21º.

2. Se desfrutasen de descanso nos sete días seguintes percibirán o salario normal establecido no artigo 18º.

3. Nos dous supostos previstos nos parágrafos anteriores, o traballador percibirá, ademais, unha prima dominical polos seguintes importes:

-Primeiro domingo ou festivo traballado: 3.075 pesetas.

-Domingo ou festivo consecutivo traballado: 4.813 pesetas.

4. Se se traballasen catro horas ou menos da dita xornada, este complemento reducirase a 2.166 pesetas. Non xoga neste suposto a prima de domingo ou festivo consecutivo, aínda que tamén excepcionalmente e por circunstancia eventual ou extraordinaria tivese que volve-lo mesmo traballador a prestar algún servicio.

Artigo 23º bis.-Absentismo.

Co obxecto de fomenta-la diminución de absentismo, quedan fixados para o persoal obreiro os incentivos que se detallan, pagadoiros por meses ó mes seguinte do prazo vencido, de acordo co seguinte baremo:

Se o índice de absentismo do persoal obreiro por tódolos conceptos está comprendido:

Entre o 4,51 ata o 5,5% aboaranse 2.513 ptas. brutas.

Entre o 4,01 ata o 4,5% aboaranse 5.027 ptas. brutas.

Entre o 3,51 ata o 4,0% aboaranse 7.540 ptas. brutas.

Entre o 3,01 ata o 3,5% aboaranse 10.053 ptas. brutas.

Entre o 0,00 ata o 3,0% aboaranse 12.567 ptas. brutas.

Capítulo VI

Xornada, vacacións e licencias

Artigo 24º.-Xornada.

A xornada ordinaria de traballo será de 1.792 horas anuais.

Artigo 25º.-Vacacións.

1. O persoal fixo terá dereito a unha vacación anual de trinta días naturais.

2. Os traballadores maiores de 50 anos terán dereito ós seguintes días adicionais de vacacións:

50 anos: 1 día laborable.

53 anos: 2 días laborable.

56 anos: 3 días laborable.

59 anos: 4 días laborable.

60 anos: 5 días laborable.

3. As vacacións do persoal eventual rexeranse polo disposto nas disposicións legais.

4. O persoal fixo de cadro desfrutará das súas vacacións en período comprendido entre o 1 de abril e o 31 de outubro de cada ano.

Artigo 26º.-Licencias.

A empresa concederalles ós traballadores licencia con retribución nos casos e polo número de días seguintes:

a) Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

b) Parto de esposa: 3 días naturais.

c) Falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe, pais e fillos: 3 días naturais.

d) Falecemento ou enfermidade grave de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días naturais.

e) Traslado do domicilio habitual: 1 día natural.

f) Cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal: o tempo indispensable.

g) Voda dun fillo, se non se celebra nun día festivo: 1 día natural.

Nos supostos b), c) e d), cando por razón del debe realizarse un desprazamento de máis de 200 km poderán concederse ata dous días naturais adicionais.

Capítulo VII

Prestacións sociais

Artigo 27º.-Axuda durante o servicio militar.

Durante o tempo que dure o servicio militar, o traballador fixo percibirá mensualmente a cantidade de 23.000 pesetas brutas, en dez meses do ano e nos meses de xullo e decembro percibirá as gratificacións de xullo e Nadal correspondentes.

Artigo 28º.-Axuda por xubilación, invalidez permante ou falecemento.

1. No momento da súa xubilación ós sesenta e cinco anos, a empresa aboaralle ó seu persoal a cantidade de 15.350 pesetas netas por ano de servicio, cun mínimo de 230.250 pesetas netas.

2. Este mesmo importe aboaráselle ó persoal que se xubile anticipadamente ou pase á situación de invalidez permanente ó causar baixa definitiva na empresa ou ó cónxuxe do traballador que faleza. Nestes casos, os anos de servicio computaranse como se permanecese en activo ata cumpri-los sesenta e cinco anos de idade.

Artigo 29º.-Lactacións gratuítas.

A empresa continuará a lles conceder ós fillos dos seus traballadores, durante o primeiro ano de vida, lactacións gratuíta dos seus productos, doando o número de botes que de cada producto destinado á lactacións artificial figuran nos esquemas establecidos para este fin.

Calquera caso de alimentación especial quedará a resultas do informe médico á dirección.

Artigo 30º.-Axuda gardería.

1. A empresa aboaralle ó persoal fixo feminino, con fillos menores de catro anos ó seu coidado, a cantidade de 9.900 pesetas brutas mensuais, durante once meses do ano. Esta axuda aboaráselle exclusivamente cando se encontre en situación de alta, así como nas de baixa por enfermidade ou accidente.

2. Terá tamén dereito a esta axuda, nas mesmas condicións, o persoal fixo masculino, viúvo ou separado legalmente, con fillos menores de catro anos ó seu coidado.

Artigo 31º.-Axudas por minusvalidez.

A empresa aboaralle a cantidade de 18.500 pesetas brutas mensuais ó traballador con fillos ou familiares subnormais que estean ó seu cargo. Para a percepción desta axuda será indispensable que a situación do subnormal fose recoñecida pola Seguridade Social e veña obtendo as prestacións que esta concede.

Artigo 32º.-Obsequio de nupcialidade.

A empresa obsequiará o seu persoal, con motivo da celebración do seu matrimonio, coa cantidade de 23.000 pesetas brutas.

Artigo 33º.-Obsequio de natalidade.

A empresa obsequiará o seu persoal, con motivo do nacemento de cada fillo, coa cantidade de 14.800 pesetas brutas.

Artigo 34º.-Obsequio de Nadal.

A empresa continuará entregándolle ó seu persoal o obsequio habitual denominado de Nadal.

Artigo 35º.-Obsequio de Reis.

A empresa obsequiará o seu pesoal, por cada fillo comprendido entre as idades de 1 a 12 anos, con motivo da festa de Reis, coa cantidade de 5.100 ptas. brutas.

Artigo 36º.-Obsequio por anos de servicio.

1. A empresa obsequiará o seu persoal que cumpra 25, 40 ou 50 anos de servicio, na seguinte forma:

25 anos 130.000 pesetas.

40 anos 185.000 pesetas.

50 anos 240.000 pesetas.

2. Nestas celebracións serán tamén obsequiados cun reloxo e un diploma.

Artigo 37º.-Mellora das prestacións por incapacidade temporal.

1. Cando o traballador se encontre en situación de incapacidade temporal derivada de enfermidade ou accidente, terá dereito, ademais das prestacións da Seguridade Social, ós seguintes complementos:

1º Nos casos de accidente de traballo, a empresa aboará o complemento necesario para que, xunto coa prestación económica da Seguridade Social, o traballador perciba a totalidade do seu salario neto desde o primeiro día da incapacidade temporal e mentres permaneza de alta na empresa e por un período máximo de 18 meses.

2º Nos casos de enfermidade común ou accidente non laboral, mentres o índice de absentismo por tódalas causas non supere en cada cuadrimestre natural a media dada no ano 1979, a empresa aboaralle o sesenta por cento do salario neto correspondente ós tres primeiros días de cada enfermidade que non estean cubertos pola prestación da Seguridade Social.

Se en calquera cuadrimestre natural o índice de absentismo por tódalas causas fose superior ó fixado como referencia, a empresa deixaría de aboar este complemento, que volvería pagar cando noutro cuadrimestre posterior o índice resultase inferior.

3º Por último, mentres o índice de absentismo por tódalas causas do persoal obreiro sexa inferior en cada cuadrimestre natural á media dos doce meses anteriores, a empresa aboará o complemento necesario para que, xunto coa prestación económica da Seguridade Social, o traballador perciba a totalidade do seu salario neto desde o cuarto día de baixa e mentres permaneza de alta na empresa e por un período máximo de 18 meses.

Se en calquera cuadrimestre natural o índice citado no parágrafo anterior estivese máis de dous puntos por debaixo do promedio dado no ano 1979, aboarase o dito complemento aínda que o índice do cuadrimestre superase o dos doce meses anteriores. Do mesmo modo, se só estivesen máis dun punto por debaixo aboarase o noventa por cento do complemento e se non chega a un punto o oitenta por cento.

2. A empresa terá a facultade de comprobar en cada caso a veracidade da situación de enfermidade, recoñecendo os traballadores cando o considere conveniente. Do informe facultativo emitido polo recoñecemento dependerá o aboamento destes complementos, sen prexuízo das sancións que puidesen corresponder.

Artigo 38º.-Roupa de traballo.

Ó persoal da empresa facilitaráselle a roupa de traballo adecuada ós sopostos de traballo que ocupen.

Artigo 39º.-Transporte escolar.

A empresa comprométese a manter, nas mesmas condicións que actualmente se vén prestando, o desfrute do transporte escolar ata a cidade de Santiago de Compostela.

Artigo 40º.-Ascensos.

Sendo comprensible que a evolución técnica, de mando, etc., na industria cada día presenta novas facetas e necesidades, acórdase que as vacantes que se produzan nas categorías de contramestres, encargados e capataz, serán designadas pola empresa entre o persoal do seu cadro, se reúnen as condicións necesarias e iso logo de concurso-oposición; en caso contrario nomearanse libremente pola empresa con persoal alleo a ela.

Capítulo VIII

Artigo 41º.-Contraprestación.

Os traballadores, en compensación ás vantaxes económicas e sociais dimanantes do presente convenio colectivo comprométense a seguir cumprindo o seu cometido coa maior disciplina, óptima dilixencia e lealdade á empresa.

Artigo 42º.-Lexislación subsidiaria.

Para os conceptos non tratados no presente convenio colectivo haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos

traballadores e demais disposicións de carácter xeral vixentes.

Artigo 43º.-Vinculación á totalidade.

1. Ámbalas partes establecen que as condicións pactadas no presente convenio colectivo forman un todo orgánico e indivisible, acordando formalmente que as súas respectivas vinculacións ó convido teñen carácter de compromiso para o totalidade das cláusulas pactadas.

2. Polo tanto, se a autoridade laboral non aprobase algunha norma del e, con iso, a xuízo de calquera das partes, se desvirtuase o seu contido, será ineficaz na súa totalidade e examinado de novo pola comisión negociadora, polo que o convenio non entraría en vigor ata que se adoptasen novos acordos de modificación ou rectificación.

Artigo 44º.-Disposición derradeira.

De conformidade co legalmente establecido sinálase que o presente convenio colectivo foi negociado polas

partes que a seguir se detallan:

En representación dos traballadores por:

Mª José Justo Ferreiro.

Mª Virginia Arines Rodiño.

Ramón Calvo Fernández.

Fernando Fernández Boado.

Ramón Cheda Framil.

Luis Martínez Paredes.

José Carlos Caamaño Vázquez.

Arturo Ferro González.

Leonardo Cobas Pena.

E en representación da empresa por:

José López Pérez.

José Manuel Carregal Diéguez.

A comisión deliberadora por unanimidade aproba as condicións pactadas neste convenio colectivo e, en proba do acordo alcanzado, tódolos seus compoñentes, dando por rematadas as negociacións, asinan o presente documento en Vilagarcía de Arousa o seis de marzo de mil novecentos noventa e oito.

ANEXO I

Fábrica de Pontecesures

Táboa salarial o 1-1-1998

NivelSalario

base

Compl.

Comp.

Total díaTotal mesTotal salario anualTotal 3 Gratif. Extraord.Gratif. AbrilTotal anual

13.0441.8484.892146.7601.761.120440.280103.7312.305.131

23.0441.9494.993149.7901.797.480449.370105.8732.352.723

33.0442.0445.088152.6401.831.680457.920107.8872.397.487

43.0442.1475.191155.7301.868.760467.190110.0712.446.021

53.0442.2435.287158.6101.903.320475.830112.1072.491.257

63.0442.3405.384161.5201.938.240484.560114.1642.536.964

73.0442.4375.481164.4301.973.160493.290116.2212.582.671

83.0442.5355.579167.3702.008.440502.110118.2992.628.849

93.0442.6365.680170.4002.044.800511.200120.4402.676.440

103.0442.7305.774173.2202.078.640519.660122.4332.720.733

113.0442.8285.872176.1602.113.920528.480124.5112.766.911

ANEXO II

Fábrica de Pontecesures

Tábaoa horas extraordinarias

NivelValor

11.520

21.552

31.582

41.614

51.643

61.674

71.705

81.734

91.766

101.795

111.825

3313