Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/62-2, 4943 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Outeiro, Sta. Baia, Cepadas (Paradela).

Situación: Paradela.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56/54.6 mm de 20 m de lonxitude sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Liñas aéreas de baixa tensión de 3,5 km de lonxitude en conductor R.Z./0.6/1 kV Al en apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 3 de marzo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2868