Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/52-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. Soutelo de Ribeira-Nocelo.

Situación: Os Blancos, Xinzo de Limia, Porqueira.

Descricións técnicas: 4 liñas aéreas a 20 kV, en conductor LA-56. (1ª) de 1.254 m, con orixe en apoio número 1 da L.M.T. proxectada Soutelo de Rebeira-Nocelo (Os Blancos) e remate en apoio número 12 da L.M.T. proxectada Soutelo de Ribeira-Nocelo (Xinzo de Limia). (2ª) de 768 m, con orixe en apio número 11 da L.M.T. proxectada Soutelo de Ribeira-Nocelo (Xinzo de Limia) e remate no apoio número 17 da L.M.T. proxectada Soutelo de Ribeira-Nocelo (Porqueira). (3ª) de 604 m, con orixe no apoio número 16 da L.M.T. proxectada Soutelo-Nocelo (Xinzo de Limia) e remate no C.T. aéreo proxectada de Nocelo. (4ª) de 87 m, con orixe en apoio da L.M.T. a repetidor TVE Os Blancos e remate no apoio da L.M.T. proxectado Soutelo de Ribeira-Nocelo (Os Blancos).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2860