Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/53-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. Penouta-Pradolongo.

Situación: Viana do Bolo.

Descricións técnicas: 9 liñas aéreas a 15/20 kV, conductor LA-110 (1ª-3ª) LA-56 (Resto). (1ª) 132 m, orixe no apoio derivación a C.T. S. Agustín e fin no apoio número 2 de derivación a C.T. Paradela. (2ª) 368 m, orixe apoio número 2 saída central S. Agustín e fin no apoio Prox. número 7 derivación a CC.TT. Paradela e outro. (3ª) 898 m, orixe central S. Agustín e fin no apoio Prox. número 8 L.M.T. a Viana do Bolo. (4ª) 3305 m, orixe. Apoio número 28 da saída 1 central S. Agustín e fin apoio Prox. número 27 da L.M.T. a Penouta. (5ª) 35 m, orixe. Apoio número 14 da LM.T. Punxeiro-Froxais, final C.T. caseta S. Mariño. (6ª) 2120 m, orixe. Apoio 11 L.M.T. Punxeiro-Froxais, final C.T. S. Estevo-Hedroso. (7ª) 942 m orixe. Apoio número 6 L.M.T. a C.T. anterior e fin no C.T. Quintela Hedroso. (8ª) 1040 m, orixe. Apoio L.M.T. Viana-A Veiga, fin C.T. Taboaza H. (9ª) 1818 m, orixe. Apoio L.M.T. Viana-A Veiga, fin C.T.(I) Pradolongo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2859