Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 16 de abril de 1998 Páx. 3.918

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Cablerías Conductoras, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Cablerías Conductoras, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o 12-2-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, con data do 30-1-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.- Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.- Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.- Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de febreiro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Cablerías Conductoras, S.A. para os anos 1998-1999-2000 e 2001

Artigo 1º.- Ámbito de aplicación.

O presente convenio, que se subscribe entre a representación da dirección da empresa e a representación dos traballadores de Cablerías Conductoras, S.A., composta polos delegados de persoal, regulará as condicións mínimas ás que se deberán axusta-las relacións laborais e económicas que se rexen pola normativa contida no vixente Estatuto dos traballadores e as súas disposicións de desenvolvemento, dos traballadores actuais e futuros que presten os seus servicios na empresa Cablerías Conductoras, S.A., no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.

Artigo 2º.- Vixencia e duración do convenio.

O presente convenio terá unha vixencia de catro anos e entrará en vigor a partir do día 1 de xaneiro do ano 1998 e rematará a súa vixencia o día 31 de decembro do ano 2001.

De conformidade coa lexislación vixente, o convenio darase por denunciado tres meses antes da data do seu remate, comprometéndose ámbalas partes a come

za-los trámites de negociación para un novo convenio a partir da dita data.

Artigo 3º.- Xornada de traballo.

Durante a vixencia deste convenio, a xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo equivalentes a 1.788 horas efectivas en cómputo anual como máximo para 1998; 1.786 horas efectivas en cómputo anual como máximo para 1999; 1.784 horas efectivas en cómputo anual como máximo para o ano 2000 e 1.782 horas efectivas en cómputo anual como máximo para o ano 2001.

Durante a vixencia do presente convenio consideraranse os días 24 e 31 de decembro como non laborables, compensados polo exceso de días do cómputo da xornada, e os restantes días quedan para que se negocien e acorden entre a empresa e os delegados de persoal con carácter anual.

A xornada de traballo comezará á hora prevista no cadro horario aprobado entre a empresa e os delegados de persoal.

O traballador deberase encontrar en disposición de inicia-la súa actividade no posto de traballo, coa súa correspondente indumentaria, ó toque de sirena ou sistema de aviso de inicio de xornada que se estableza.

A dita xornada normal será computada en consideración ó inicio do labor no posto de traballo e remate deste, e non polo concepto de entrada e saída da factoría.

A fixación do horario de traballo será facultade da dirección da empresa, razoando o seu establecemento cos delegados de persoal, prevalecendo o criterio que supoña unha reducción de custos, aumento de vendas ou ben favoreza as necesidades estacionais da producción.

A xornada laboral distribuirase preferentemente de luns a venres, se ben, poderá variarse cando necesidades de producción ou de atención ós clientes da empresa así o requiran, podendo a empresa establecer para tal fin, un réxime de traballo en quendas que recolla como laborais tódolos días da semana, sen prexuízo do réxime de descansos que proceda e do que en materia de xornada poida establecer no contrato individual de cada traballador ó respecto.

Artigo 4º.- Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais, e desfrutaranse preferentemente entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, se ben, cando necesidades de producción e/ou atención ós clientes da empresa así o requiran e logo de comunicación ós delegados de persoal, poderá establecerse outro réxime de desfrute das vacacións, en réxime partido e total ou parcialmente fóra do dito período. Todo iso sen prexuízo do que se estableza mediante acordos individuais ou no contrato individual de cada traballador ó respecto.

Así mesmo, se por causas conxunturais ou outras circunstancias excepcionais, a empresa se vise obrigada a paraliza-la súa producción, poderá determinar outra data para o período de vacacións, logo de comunicación ós delegados de persoal.

O calendario de vacacións fixarase con dous meses de antelación ó comezo do seu desfrute, para o coñe

cemento dos traballadores, agás o suposto excepcional anteriormente mencionado.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade temporal, terá dereito ó desfrute delas ou da parte pendente, sempre que cause alta antes do remate do ano natural.

A empresa poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade productiva estacional da empresa, logo de comunicación motivada ós delegados de persoal.

Se un traballador debe por necesidades da producción suspende-lo seu período de vacacións e reincorporarse ó traballo, poderá desfrutar dun período de vacacións alternativo que solicite á empresa con polo menos 15 días de antelación e sempre que este período non coincida cun de máxima actividade da empresa.

Artigo 5º.- Festivos.

Durante a vixencia do presente convenio, rexerán como non laborables os días festivos que con carácter nacional, autonómico e local fixen anualmente no BOE, DOG e BOP as autoridades competentes.

Artigo 6º.- Seguridade e hixiene no traballo; saúde laboral.

A empresa comprométese ó estricto cumprimento da normativa que en materia de seguridade e hixiene e prevención de riscos laborais contén a Lei 31/1995, do 8 de novembro, Lei de prevención de riscos laborais, o Regulamento de servicios de prevención de riscos laborais -Real decreto 39/1997, así como a ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo e demais normativa vixente de desenvolvemento.

Artigo 7º.- Recoñecemento médico.

A empresa facilitaralle á totalidade do persoal integrante no cadro de persoal, un recoñecemento médico con carácter anual como mínimo, o cal se levará a cabo nun centro asistencial debidamente homologado para o efecto.

Todo o tempo empregado no recoñecemento médico será aboado pola empresa, a cal facilitará ademais o medio de transporte necesario para acudir ó dito recoñecemento.

A empresa efectuará un recoñecemento médico a todo o persoal de nova incorporación.

Artigo 8º.- Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, terá dereito a permisos con dereito a remuneración durante o tempo e os supostos seguintes:

1. Dezaséis días naturais en caso de matrimonio do traballador/a.

2. Tres días laborais en caso de nacemento de fillo.

3. Cinco días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe, pais, fillos e pais políticos.

4. Tres días naturais no suposto de falecemento de irmáns, netos, avós, fillos políticos e irmáns políticos. Media xornada por falecemento de primos, tíos ou sobriños directos.

5. Dous días naturais en caso de enfermidade grave de cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos e pais políticos, circunstancias que deberán ser xustificadas fidedignamente.

6. Un día natural no suposto de traslado de domicilio.

7. O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialista da Seguridade Social, cando coincidindo o horario de consulta co de traballo o facultativo de medicina xeral prescriba consulta, debendo presenta-lo traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de 22 horas ó ano.

8. As traballadoras, por lactación dun fillo menor de seis meses, terán dereito a dous horas de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada en dúas horas coa mesma finalidade ó principo ou ó final da xornada.

9. Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoñan en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

10. Un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns.

Nos supostos 4) e 5), se o traballador necesitase facer un desprazamento fóra da provincia, concederánselles dous días naturais máis.

No suposto 3), se o traballador precisase desprazarse a unha distancia superior a 50 quilómetros, concederánselles dous días naturais máis.

En caso de necesidade, logo de aviso e xustificación, a empresa deberá conceder un permiso sen retribuír ata un período de 10 días naturais por razón de desprazamento en caso de enfermidade grave de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Así mesmo, logo de aviso e xustificación posterior, a empresa deberá conceder permiso sen retribuír para a asistencia a exames de estudios de carácter oficial.

Todo o anteriormente exposto neste artigo será tamén de aplicación para as parellas de feito debidamente acreditadas.

Artigo 9º.- Roupa de traballo.

A empresa dotará ó seu persoal da adecuada roupa de traballo.

O persoal obreiro percibirá dúas fundas ou outro tipo de peza similar cada ano, e se fose necesario, logo de xustificación, seralle proporcionado un terceiro. As indicadas dúas fundas mínimas serán entregadas dunha soa vez dentro dos dous primeiros meses de cada ano natural.

En relación co calzado, a empresa dotará ó traballador dun par de botas ou outro calzado de seguridade como mínimo, que o protexan dos riscos que a súa actividade pode provocar, e sempre que tal actividade requira esta roupa de protección.

O persoal administrativo e técnico, que así o solicite, percibirá cada ano unha bata que protexa a súa propia roupa. Exercido este dereito polo empregado, a dita peza de roupa será de uso obrigatorio durante a xornada laboral. No caso de ter que realizar algún labor nos talleres, o empregado será provisto de roupa adecuada (funda, botas de seguridade, casco, etc.) que o protexa dos riscos inherentes a eses lugares de fabricación.

Proverase de roupa e calzado impermeable ó persoal que teña que realizar labores continuos á intemperie en réxime de chuvias frecuentes, así como tamén ós que teñan que actuar en lugares notablemente encharcados ou lamacentos. En contactos con ácido dotarase ó traballador de roupa adecuada.

Ó traballador que realice o seu labor con lentes graduadas, o empresario terá que proporcionarlle uns, sempre que por razón do traballo que realice sufrisen deterioración.

Se o traballador necesitase cristais correctores, proporcionaránselle lentes protectores coa adecuada graduación óptica ou outras que poidan ser superpostas ás graduadas do propio interesado.

Artigo 10º.- Capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo, enfermidade profesional, ou común de longa duración, con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocupa-los postos máis aptos en relación ás súas condicións que existan na empresa, sempre que teñan aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Artigo 11º.- Pagamento de nóminas.

O pagamento de nóminas realizarase de forma mensual. Non obstante, o persoal poderá solicitar coa debida antelación anticipos a conta dos seus haberes devengados.

En canto á forma de pagamento, a empresa comprométese a realizalo antes do último día de cada mes, excepto que fose festivo ou fin de semana, neste caso, o pagamento será o día inmediatamente anterior.

Para todo o persoal, tanto de taller como de oficina, considéranse as mensualidades de 30 días.

Artigo 12º.- Organización do traballo.

1. Será facultade e responsabilidade da empresa a dirección, organización e control do traballo, con respecto en todo o momento ó establecido na lexislación vixente e no presente convenio colectivo. Ós delegados de persoal corresponderalle-la función de presentar perante a dirección da empresa as propostas e informes que coiden oportunos en relación coa organización do traballo no seo da empresa.

2. Os delegados de persoal serán informados pola dirección da empresa das decisións que esta adopte en todo o relativo á organización do traballo, de conformidade coas facultades e competencias que a lei atribúe ós representantes do persoal nesta materia.

3. En materia de incentivos, mantense na súa integridade o contido do acordo subscrito entre a dirección da empresa e os delegados de persoal de data 7 de xaneiro de 1992 sobre incentivos e primas de produc

ción, o contido do cal se fai remisión expresa, xuntándose ó presente convenio copia del e táboas actualizadas a 1998.

4. Para efectos de clasificación profesional, mantense durante a vixencia deste convenio a clasificación ata a data vixente no seo da empresa, coa delimitación e denominación de categorías que se recolle na táboa salarial anexa ó presente convenio, e extraída da clasificación profesional que se contiña na ordenanza laboral siderometalúrxica.

Sen prexuízo do cal, as partes asinantes do presente convenio, propóñense estudiar durante a súa vixencia e de cara á súa posible inclusión nun próximo convenio, un novo sistema de clasificación profesional máis acorde coa situación actual, tomando como referencia os acordos alcanzados entre patronal e sindicatos a este respecto.

Artigo 13º.- Plus por traballos especiais.

Os postos de traballo que impliquen penosidade, toxicidade ou perigosidade, dan dereito á correspondente bonificación. A determinación ou cualificación do traballo como penoso, tóxico ou perigoso farase por acordo entre o empresario, e a representación legal dos traballadores. En caso de desacordo, decidirá a autoridade laboral.

A expresada bonificación establécese así:

-Cando se produce un só suposto: 58 pesetas/hora.

-Se se producen dous ou máis supostos: 89 pesetas/hora.

Ó persoal que con anterioridade viñese percibindo cantidades superiores ás aquí pactadas por estes mesmos conceptos, seranlles respectadas.

En calquera caso, a empresa comprométese a ir adoptando progresivamente as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades económicas e técnicas, para ir eliminando calquera situación de penosidade, perigosidade ou toxicidade que no futuro puidese apreciarse nun posto de traballo.

Artigo 14º.- Plus por traballos nocturnos.

Considerarase traballo nocturno abranguido entre as 22 horas e as 6 horas da mañá.

Tódolos traballadores que teñan dereito a percibir suplemento de nocturnidade percibirán unha bonificación do 25% sobre o seu salario base. Estes suplementos serán independentes das bonificacións que en concepto de horas extras e traballos excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, que lles corresponda.

Artigo 15º.- Plus de xefe de equipo.

É xefe de equipo o traballador procedente da categoría de profesionais ou de oficio que efectuando traballo manual asume o control de traballo dun grupo de oficiais, especialistas, etc. en número non inferior a tres nin superior a oito.

O xefe de equipo non poderá ter baixo as súas ordes a persoal de superior categoría cá súa. Cando un xefe de equipo desempeñe as súas funcións durante un período dun ano consecutivo ou de tres anos en períodos alternos, se logo cesa na súa función, manteráselle a

súa retribución específica ata que polo seu ascenso a superior categoría quede aquela superada. O 20% figurará como concepto en nómina como plus de xefe de equipo.

O plus que percibirá o xefe de equipo consistirá nun 20% sobre o salario base da súa categoría, a non ser que se tivese en conta dentro do factor mando na valoración do posto de traballo.

Artigo 16º.- Salarios.

1. Para 1998, o salario aboarase conforme os importes que para os conceptos de salario base e antigüidade se recollen por categorías na táboa salarial anexa ó presente convenio; e para as primas ou calquera outro concepto retributivo, conforme os importes fixados nos seus artigos respectivos e anexos ó presente convenio.

2. Ano 1999. Sumarase ás cantidades fixadas neste convenio para o ano 1998, un incremento salarial que será: o IPC previsto polo Goberno para 1999 máis o 0,80 por cento. Isto sen prexuízo dos efectos que teñan sobre estes conceptos a cláusula de revisión salarial que se regula no apartado 16º.6 deste artigo.

Ano 2000. Sumarase ás cantidades fixadas neste convenio para o ano 1999, un incremento salarial que será: o IPC previsto polo Goberno para o 2000 máis o 0,65 por cento. Isto sen prexuízo dos efectos que teñan sobre estes conceptos a cláusula de revisión salarial que se regula no apartado 16º.6 deste artigo.

Ano 2001. Sumarase ás cantidades fixadas neste convenio para o ano 2000, un incremento salarial que será: o IPC previsto polo Goberno para o 2001 máis o 0,50 por cento. Isto sen prexuízo dos efectos que teñan sobre estes conceptos a cláusula de revisión salarial que se regula no apartado 16º.6 deste artigo.

3. No caso das primas de producción, axudas de custo e calquera outro concepto económico establecido neste convenio, agás aqueles conceptos para os que se estableza expresamente outro incremento, os incrementos anuais que se aplicarán para os seguintes anos serán os sinalados no punto 16º.2 para os salarios.

4. As condicións salariais e económicas que se establecen neste convenio absorberán, compensarán e substituirán na súa totalidade e en cómputo anual ás que anteriormente rexesen por imperativos legais, xudiciais, convenios ou pactos de calquera clase.

5. Respectaranse as condicións económicas derivadas das condicións persoais do traballador.

6. Revisión salarial: se o IPC real do ano 1998 superase o 2,5 por 100, a diferencia resultante será tida en conta para determina-la base do cálculo dos incrementos salariais para o ano 1999, se ben, non devengará pagamento de atrasos.

Se o IPC real do ano 1999 superase o IPC previsto polo Goberno estatal para o dito ano 1999 en máis de catro décimas, procederase a unha revisión salarial e para tal efecto, a diferencia resultante será tida en conta para determina-la base do cálculo dos incrementos salariais para o ano 2001, se ben, non devengará pagamento de atrasos.

Se o IPC real do ano 2000 superase o IPC previsto polo Goberno estatal para o dito ano 2000 en máis

de catro décimas, procederase a unha revisión salarial e para tal efecto, a diferencia resultante será tida en conta para determina-la base do cálculo dos incrementos salariais para o ano 2001, se ben, non devengará pagamento de atrasos.

Se o IPC real do ano 2001 superase o IPC previsto polo Goberno estatal para o dito ano 2001 en máis de catro décimas, procederase a unha revisión salarial e para tal efecto, a diferencia resultante será tida en conta para determina-la base do cálculo dos incrementos salariais para o ano 2002, se ben, non devengará pagamento de atrasos.

Artigo 17º.- Cláusula de desvinculación.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio non serán de aplicación no caso de que a empresa acredite descensos, en termos reais, da facturación ou resultado negativo no último exercicio, correspondendo en tal suposto o mantemento retributivo do ano anterior.

Para tales efectos as partes acordan someterse ás seguintes normas de procedemento:

1. A dirección da empresa deberá comunicarlle por escrito ós delegados de persoal a vontade de acollerse á cláusula de desvinculación, antes do transcurso dos primeiros trinta días do ano no que pretende que xa non se aplique o incremento salarial previsto, en execución da presente cláusula de desvinculación; en tal caso, e nun novo prazo máximo de quince días naturais seguintes ó da comunicación anterior, a dirección da empresa entregaralles ós delegados de persoal a documentación seguinte:

-Memoria explicativa das causas que motivan a solicitude.

- Balance e conta de resultados do anterior exercicio económico.

2. Á vista da documentación presentada, os delegados de persoal emitirán o informe correspondente, que poderá ser de aceptación da dita decisión, ou non alcanzando un acordo sobre esta, neste caso remitirase á comisión paritaria do convenio a indicada documentación.

3. Se a comisión paritaria non dicta resolución ou non alcanzase acordo no prazo de dous días seguintes, procederase conforme o previsto no sistema de arbitraxe AGA 1 do 4 de marzo de 1992, asumindo as partes asinantes o sometemento expreso ó dito sistema, polo simple feito da indicada remisión, sen necesidade de ulterior sometemento ou aprobación.

No caso de que por aplicación desta cláusula se acorde finalmente non aplica-la revisión salarial prevista nun ano determinado, se finalmente nese exercicio a empresa obtivese beneficios que pola súa contía superen nun 400 por 100 o custo do incremento salarial non aplicado, en tal suposto para o ano seguinte aplicarase non só o incremento salarial xa previsto para o novo exercicio, senón tamén o incremento non aplicado no exercicio anterior, se ben non devengará pagamento de atrasos.

Artigo 18º.- Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente, e co obxecto de favorece-la creación de emprego, as partes asinantes do presente convenio acordan a conveniencia de reducir

ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, de acordo cos seguintes criterios:

1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

2. Horas extraordinarias motivadas por forza maior, entendendo como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas: realización.

Horas extraordinarias estructurais: mantemento. Co fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias por períodos de punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate, ou mantemento. Todo isto, sempre que non poidan ser substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A dirección da empresa informará periodicamente os delegados de persoal sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e os criterios sinalados anteriormente, a empresa e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

En todo o non previsto neste artigo aplicarase o disposto no artigo 35 do ET.

As horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior e as estructurais non terán a recarga nas cotizacións á Seguridade Social a que se refiren os reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto e 1/1985, do 5 de xaneiro, así como a normativa que vaia complementando e/ou substituíndo os decretos citados. Para iso, notificaráselle así mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e os delegados de persoal.

En caso de pagamento, establécese para o cálculo do valor das horas extraordinarias a fórmula seguinte:

HE: valor hora extra.

P: número de pagas o ano.

S: salario convenio mes.

A: antigüidade mes.

H: nº de horas efectivas ano.

As horas extraordinarias que se traballen de dez da noite a seis da mañá aboaranse cun 25% de recarga.

P(S+A)

HE= x1,75

H

Artigo 19º.- Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio colectivo percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e decembro na contía, cada unha delas, de 30 días do salario base máis antigüidade, se é o caso, calculadas sobre as táboas anexas.

Estas gratificacións serán concedidas en proporción ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano en que se outorguen. A paga correspondente ó primeiro semestre aboarase entre os

días 10 e 25 de xullo. Polo que respecta á do segundo semestre, será aboada entre o 10 e 20 de decembro.

Artigo 20º.- Antigüidade.

O persoal abranguido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por ano de servicio, consistentes no aboamento de quinquenios na contía da táboa anexa.

O persoal que subscriba contrato de traballo a partir da entrada en vigor deste convenio non terá dereito a percibir aumentos salariais por razón de antigüidade, isto é, non devengará o concepto salarial de antigüidade.

Artigo 21º.- Axuda de custo e viaxes.

Tódolos traballadores que por necesidade da empresa e por orde dela teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lle impidan realiza comidas ou durmir no seu lugar habitual ou domicilio terán dereito durante o ano 1998, ás seguintes axudas de custo:

Axuda de custo completa: 3.815 pesetas/día.

Media axuda de custo: 1.547 pesetas/día.

Para os anos 1999, 2000 e 2001 aplicaranse as revisións establecidas no artigo 16º.2.

Se por circunstancias especiais os gastos orixinados exceden o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser aboado pola empresa, logo de coñecemento desta e posterior xustificación do traballador.

Se por necesidade ou conveniencia da empresa o traballador ten que se desprazar a presta-lo seu labor noutros centros de traballo, o tempo invertido no desprazamento deberá caer dentro da xornada establecida.

Se como consecuencia do desprazamento tivese que inicia-la viaxe antes de dar comezo a súa xornada, ou se como consecuencia do regreso ó seu punto de partida este se producise unha vez excedida a hora oficial de remate da xornada, o traballador percibirá o tempo de exceso de xornada como horas extraordinarias ou compensación equivalente.

Cando o traballador, por necesidades da empresa e a requirimento desta e aceptación voluntaria daquel, tivese que desprazarse utilizando o seu propio vehículo, aboaráselle a cantidade de 30 pesetas por quilómetro para o ano 1988, aplicándose para os anos 1999, 2000 e 2001 as revisións establecidas no artigo 16º.2 do presente convenio.

Artigo 22º.- Gastos mínimos de locomoción.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá por día efectivamente traballado e en concepto de gastos de locomoción, a cantidade de 537 pesetas durante o ano 1998. Para os anos 1999, 2000 e 2001 aplicaranse as revisións establecidas no artigo 16º.2 do presente convenio.

Artigo 23º.- Pluriemprego.

As partes asinantes do presente convenio consideran conveniente contribuír á erradicación do pluriemprego, como regra xeral.

Para estes efectos, considérase necesario que se aplique co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social por estalo xa noutra empresa.

A empresa comprométese polo presente convenio, a non contratar, en réxime de pluriemprego ou xornada reducida a aqueles traballadores que dispoñan doutra ocupación retribuída por xornada completa e non a tempo parcial, agás circunstancias excepcionais das que deberá informar ós delegados de persoal.

Artigo 24º.- Servicio militar.

O traballador que se incorpore a filas con carácter oficial ou voluntario, polo tempo mínimo de duración deste servicio, terá reservado o seu posto de traballo durante o tempo que permaneza cumprindo o servicio militar e dous meses máis, computándose todo este tempo para efectos de antigüidade na empresa.

Durante o tempo da súa permanencia no servicio militar, o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias de xullo e decembro.

Poderán reintegrarse ó traballo os licenciados do servicio militar con permiso temporal superior a un mes, sendo potestativo da empresa facelo cos que desfrutan permiso de duración inferior ó sinalado, sempre que en ámbolos casos medie a oportuna autorización militar para poder traballar.

O traballador fixo que ocupe a vacante temporal dun compañeiro en servicio militar, ó regreso deste volverá ó seu antigo posto na empresa.

Se a substitución fose efectuada por un traballador alleo á empresa, no momento de retorno do fixo cesará, sen dereito a ningunha indemnización se se notificase co prazo de 8 días de antelación, aboándoselle estes se non se lle comunicase.

A non reincorporación do traballador fixo en servicio militar dentro do prazo de reserva do seu posto dará lugar á rescisión do seu contrato de traballo.

Para que sexa de aplicación o anteriormente establecido respecto á percepción das gratificacións extraordinarias no suposto de que un traballador opte pola prestación social substitutoria, será necesario que polo menos realice unha prestación efectiva de servicios para a empresa de como mínimo os dous tercios da xornada ordinaria, medida en cómputo mensual, para a que estea contratado, compatibilizándose de tal xeito a prestación social substitutoria coa realización de tal xornada parcial. A empresa colaborará en compatibiliza-la dita xornada co servicio na prestación social substitutoria.

Artigo 25º.- Recibo liquidación.

No caso de baixa na empresa entregaráselle ó traballador copia da liquidación con 5 días de antelación ó cesamento.

Artigo 26º.- Acción sindical.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente, os traballadores desfrutarán das seguintes garantías sindicais:

Cablerías Conductoras, S.A. dará conta das novas contratacións que se realicen ós representantes legais dos traballadores.

A empresa está obrigada a ter un taboleiro de anuncios para inserción de propaganda sindical. En canto á inserción desta aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Dentro das formalidades previstas nos artigos 77 e seguintes do Estatuto dos traballadores, a empresa facilitará o exercicio de reunións informativas fóra da xornada laboral e durante dúas horas ó mes.

Cada un dos delegados de persoal poderá dispoñer dun crédito de 15 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación.

Quedarán incluídas neste crédito as horas destinadas a asistir ás convocatorias sindicais que, en todo caso, deberán ser correctamente realizadas.

Artigo 27º.- Excedencias.

Os traballadores con contrato indefinido e unha antigüidade na empresa de polo menos tres anos terán dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atender ó coidado de cada fillo, contado desde a data do nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porán fin ó que viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderán exercer este dereito.

Poderán así mesmo solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

No non previsto neste artigo aplicarase o que establece o Estatuto dos traballadores (artigo 46).

A petición de excedencia será formulada por escrito e presentada á empresa con tres meses de antelación como mínimo á data en que se solite comezala e a empresa dará recibo da presentación.

A concesión da excedencia por parte da empresa efectuarase tamén en comunicación escrita.

A incorporación ó posto de traballo deberá ser notificada polos traballadores con tres meses de antelación á data de remate do desfrute da excedencia. A notificación farase por escrito e a empresa estará obrigada a xustifica-la recepción do escrito.

Notificada a reincorporación nas condicións indicadas será admitido o traballador nas mesmas condicións que rexían no momento da iniciación da excedencia.

Artigo 28º.- Xubilación.

A empresa e traballadores poderán pactar, logo de existencia de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto lei 14/1981, do 20 de agosto e Real decreto 2705/1081, do 19 de outubro, así como a normativa que vaia complementando e/ou substituíndo os decretos citados, debendo a empresa cubri-las ditas vacantes con traballadores que sexan titulares do dereito de calquera das prestacións económicas por desemprego ou mozo demandante de primeiro emprego mediante un contrato que cumpra os requisitos esixidos nas normas antes citadas.

Artigo 29º.- Contratación eventual e de formación.

1. Contratos en prácticas. Transcorrido o primeiro ano, Cablerías Conductoras, S.A., comunicará ó traballador en prácticas a continuidade ou non do contrato. En caso de decidir non continuar poderase rescindi-lo contrato, respectándose os prazos establecidos tanto para proceder á comunicación de aviso previo como para devenga-los haberes e demais percepcións a que teña dereito ó traballador. A empresa, neste último caso, poderá formalizar outro contrato en prácticas con traballador distinto.

A retribución do traballador con contrato en prácticas será a do 65% ou o 80% durante o primeiro ou o segundo ano de vixencia do contrato, respectivamente, do salario fixado en convenio para un traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo.

2. Contratos de formación: poderán formalizarse contratos de formación con mozos con idades entre os 16 e os 21 anos de idade.

A retribución será do 85% e 95% do salario mínimo interprofesional durante o primeiro ou o segundo ano de vixencia do contrato respectivamente.

3. Naqueloutros contratos de duración determinada por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, regulados no Real decreto lei 8/1987, do 16 de maio, as partes remítense expresamente no relativo á duración máxima e período dentro do cal poidan pactarse, ó que para o efecto se estableza no próximo convenio colectivo sectorial de empresas do sector do metal da provincia de Pontevedra sen convenio propios, o contido normativo do cal, nesta materia concreta, se adhiren; en todo caso, e sempre ó abeiro do que se estableza no dito convenio sectorial, o período máximo dentro do cal se poderán realizar será de dezaoito meses, non podendo supera-la duración do contrato as tres cuartas partes do período de referencia establecido.

Artigo 30º.- Réxime disciplinario.

1. Concepto de infracción e facultade disciplinaria. Son infraccións, as accións e omisións dos traballadores que supoñan un incumprimento dos seus deberes laborais nos termos que se establecen no presente artigo.

A empresa poderá sanciona-las accións ou omisións culpables dos traballadores que supoñan incumprimentos laborais, de acordo coa graduación das faltas e sancións que se establecen nos apartados seguintes.

2. Graduación das faltas. Toda falta cometida polo traballador cualificarase en atención á súa importancia, transcendencia ou intención en leve, grave ou moi grave.

3. Faltas leves. Consideraranse faltas leves as seguintes:

a) Dunha a tres faltas de puntualidade na asistencia ó traballo sen a debida xustificación, no período dun mes.

b) Non notificar con carácter previo ou, se é o caso, dentro das 24 horas seguintes á falta, salvo caso de forza maior, a razón da ausencia ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo.

c) O abandono do servicio ou posto de traballo sen causa xustificada, aínda por breve tempo, se como consecuencia deste, se ocasiona prexuízo dalgunha consideración á empresa ou ós seus compañeiros de traballo.

d) Pequenos descoidos na conservación e/ou mantemento dos equipos e material de traballo.

e) Non atende-los clientes ou provedores coa corrección e dilixencia debidas.

f) Non lle comunicar á empresa os cambios de residencia ou domicilio, sempre que poida ocasionar algún tipo de conflicto ou prexuízo a terceiros ou á empresa.

g) Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

h) Non comunicar coa puntualidade debida os datos experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social ou que teñen efectos tributarios.

i) As que supoñan incumprimento de prescricións, ordes ou mandatos dun superior no exercicio regular das súas funcións.

j) A falta de asistencia non xustificada ós cursos de formación teórica ou práctica, dentro da xornada ordinaria de traballo.

k) Discutir cos compañeiros ou cos clientes ou provedores dentro da xornada de traballo.

4. Faltas graves. Consideraranse como faltas graves as seguintes:

a) Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas no período dun mes.

b) Falta de 2 a 3 días ó traballo durante un período de 30 días sen causa que o xustifique. Abondará unha soa falta cando tivese que relevar a un compañeiro ou cando como consecuencia dela se causase prexuízo dalgunha consideración ó empresario.

c) A falsidade na comunicación dos datos relativos á familia que poidan afectar á Seguridade Social ou á Administración tributaria.

d) Entregarse a xogos durante a xornada de traballo de maneira reiterada e causando, con iso, un prexuízo ó desenvolvemento laboral.

e) A desobediencia ás ordes ou mandatos dos seus superiores no exercicio regular das súas funcións, sempre que teña unha transcendencia grave para a empresa.

f) A continuada e habitual falta de aseo e limpeza, de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

g) Simular ou suplanta-la presencia doutro ó traballo, asinando ou fichando por el.

h) A neglixencia ou desidia no traballo que afecte á boa marcha deste tamén terá esta consideración se é causa de accidente grave.

i) Realizar sen o oportuno permiso traballos particulares durante a xornada, así como o emprego, para usos propios, de ferramentas, maquinaria, aparellos ou vehículos da empresa.

j) A reincidencia en falta leve (excluída a puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun

trimestre e mediando sanción que non sexa a de amoestación verbal.

k) Calquera atentado contra a liberdade sexual dos traballadores/as que se manifeste en ofensas de tipo verbal ou físico, falta de respecto á intimidade e/ou dignidade da persoa.

5. Faltas moi graves. Consideraranse como faltas moi graves as seguintes:

a) Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas nun período de seis meses, ou de vinte nun ano.

b) As faltas inxustificadas ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto ós seus compañeiros de traballo como ó empresario ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

d) A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase sempre que existe falta cando un traballador en baixa por tales motivos realice traballos de calquera índole por conta propia ou allea. Tamén se comprenderá neste apartado toda manipulación feita para prolonga-la baixa ou enfermidade.

e) O abandono do servicio ou posto de traballo sen causa xustificada aínda por breve tempo, se como consecuencia se ocasiona un prexuízo considerable á empresa ou ós seus compañeiros de traballo, puxese en perigo a seguridade ou fose causa de accidente.

f) A embriaguez e o estado derivado do consumo de drogas, sempre que este supoña algunha alteración nas súas facultades físicas ou psicolóxicas no desempeño das súas funcións.

g) Viola-lo segredo da correspondencia ou revelar datos confidenciais da empresa.

h) Realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

i) Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou falta grave de respecto e consideración ós seus xefes ou ós seus familiares, así como ós seus compañeiros, subordinados, provedores e clientes da empresa.

j) A diminución voluntaria non xustificada e avaliable no rendemento do traballo.

k) A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometan no período de dous meses e fosen obxecto de sanción.

l) A desobediencia ás ordes ou mandatos dos seus superiores en calquera materia de traballo, se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa ou os seus compañeiros de traballo. Terán a consideración de abuso de autoridade os actos arbitrarios realizados con infracción manifesta e deliberada dos preceptos legais, e con prexuízo para o traballador, realizados por directivos, xefes ou mandos intermedios.

m) Os atentados contra a liberdade sexual dos traballadores que se produza prevalecéndose dunha supe

rioridade laboral ou se exerza sobre persoal especialmente vulnerables pola súa situación persoal ou laboral.

6. Réxime de sancións. Correspóndelle á empresa e os seus representantes, en uso da facultade de dirección, impoñer sancións nos termos estipulados no presente artigo.

A sanción das faltas requirirá comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivaron.

A empresa daralles conta ós representantes legais dos traballadores de toda sanción por falta grave e moi grave que se impoña.

Imposta a sanción, o cumprimento temporal dela poderase dilatar ata un máximo de 60 días despois da data da súa imposición ou da súa firmeza.

7. Sancións. As sancións máximas que poderán impoñerse ós que incorran en faltas leves, graves ou moi graves serán as seguintes:

a) Por faltas leves.

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

b) Por faltas graves.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

c) Por faltas moi graves.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de vinte a sesenta días.

-Despedimento.

8. Prescrición. Dependendo da súa graduación, as faltas prescriben ós seguintes días:

a) Faltas leves: 10 días.

b) Faltas graves: 20 días.

c) Faltas moi graves: 60 días.

A prescrición das faltas sinaladas empezará a contar a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se teren cometidas.

Artigo 31º.- Seguro colectivo.

A empresa concertará un seguro colectivo de accidentes, con primas íntegras ó seu cargo, mediante póliza que cubra as seguintes indemnizacións para o ano 1998:

A) Accidente laboral ou común con resultado de morte: 2.000.000 de pesetas.

B) Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta ou gran invalidez: 3.000.000 de pesetas.

Para os anos 1999, 2000 e 2001 os importes A) e B) serán incrementados coa revisión sinalada no artigo 16º.2.

A repercusión na cobertura da póliza pola diferencia do incremento que se produce entenderase con efectos

a partir de 30 días despois do asinamento do presente convenio. O traballador facilitará o nome do beneficiario.

Para o persoal de nova incorporación, a póliza de seguros establecida no presente artigo deberá concertarse no prazo dun mes a partir da contratación do traballador.

Unha copia da póliza inserirase no taboleiro de anuncios da empresa.

Ademais da cobertura así establecida, acordarase coa compañía de seguros unha cobertura complementaria, que incremente as indemnizacións antes establecidas, á que poderán acollerse voluntariamente aqueles traballadores que así o decidan, sendo por conta do traballador o aboamento da diferencia da prima que se derive desta cobertura.

Artigo 32º.- Incapacidade temporal.

A prestación por incapacidade temporal derivada de accidente laboral, ocorrido no centro de traballo ou en desprazamentos a outros centros ou lugares de traballo dentro da xornada laboral, complementarase ó cento por cento desde o primeiro día da baixa.

En caso de hospitalización, o traballador percibirá o cento por cento do seu salario desde o primeiro día.

Para ter dereito a esta mellora o traballador deberá demostrar documental e de maneira que faga fe ante a empresa o internamento nun centro hospitalario.

Artigo 33º.- Comisión paritaria e de vixilancia.

Establécese a comisión mixta e paritaria do convenio como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do seu cumprimento.

A comisión estará integrada pola representación de ámbalas partes negociadoras coa mesma estructura e composición que na comisión negociadora do convenio, isto é, composta por un máximo de tres vocais por cada unha das partes.

Ademais das competencias xerais de interpretación, aplicación e seguimento do convenio, e sen prexuízo das normas xerais de procedemento administrativo e procesuais, a comisión mixta paritaria poderá funcionar por instancia de parte como órgano de mediación nos conflictos derivados da aplicación do convenio.

A comisión mixta paritaria reunirase con carácter ordinario polo menos unha vez ó ano, así como sempre que sexa convocada para o efecto por calquera das partes, convocatoria que deberá efectuarse polo menos con setenta e dúas horas de antelación.

Artigo 34º.- Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente regulado neste convenio, aplicarase o previsto no Estatuto dos traballadores, e nas demais disposicións legais vixentes de desenvolvemento, así como no relativo á clasificación profesional, na ordenanza laboral sideromatalúrxica do 29 de xullo de 1970 que na dita materia sexa considerable aplicable para os citados efectos.

Así mesmo, ámbalas partes comprométense a estudia-la adhesión no ámbito desta empresa ós acordos de cobertura de baleiros que se vaian subscribindo no futuro tanto entre as organizacións sindicais e a con

federación patronal do metal -Confemetal-, como entre as organizacións sindicais e as confederacións patronais CEOE-CEPYME, en función das posibilidades de adaptación de tales acordos a este ámbito empresarial.

Artigo 35º.- Extinción do contrato por causas obxectivas.

1. Cando a empresa queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.1º c) do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento previsto no artigo 53 do mesmo texto legal, deberá entregar, ademais da comunicación prevista na norma, e sumultaneamente, unha memoria explicativa que faga referencia á causa de extinción, tanto ó traballador ou traballadores afectados como ó representante ou representantes dos traballadores na empresa.

2. Sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extintivo, conforme o procedemento establecido na lei, os delegados de persoal emitirán informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada no prazo de catro días hábiles de acordo coa lei vixente.

3. Dos informes ós que se fai referencia no apartado 2 anterior darase traslado á dirección da empresa para a súa unión ó expediente, entendéndose que transcorridos os prazos previstos para a súa emisión sen facelo se desiste de tal dereito.

4. O procedemento previsto no presente artigo non suspenderá nin interromperá os prazos previstos no artigo 53.1.c) do Estatuto dos traballadores.

5. A presente cláusula considerarase para tódolos efectos de carácter obrigacional.

Artigo 36º.- Persoal de novo ingreso e regulación do cesamento voluntario.

1. Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, debendo quedar no seu poder unha copia del. Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán de:

-6 meses para os técnicos titulados.

-2 meses para o resto do persoal.

2. A empresa entregaralles ós delegados de persoal unha copia básica de tódolos contratos que se deban celebrar por escrito, de acordo co Real decreto lei 1/1995, do 24 de marzo, nos seus artigos 8.3 e 64.

3. A empresa notificará ós delegados de persoal as prórrogas dos contratos de traballo a copia básica dos cales foi entregada, así como as denuncias correspondentes a estes.

4. No caso do cesamento voluntario do traballador, deberá mediar un aviso previo mínimo de quince días, agás no caso do persoal administrativo que será de dous meses e persoal con mando, persoal técnico e persoal titulado medio ou superior, neste caso, o aviso previo deberá ser dun mínimo de tres meses ou do que se fixase ou se fixe en contrato individual co dito persoal. Este pacto rexerá tanto para as novas contratacións como para as actualmente vixentes.

Artigo 37º.- Formación profesional.

A empresa poderá colaborar coas organizacións empresariais e sindicatos para a realización de cursos

de formación para os traballadores, segundo o acordo de formación continua.

O anteriormente exposto non minguará a facultade da empresa para promover cantas accións formativas e plans de formación dentro da empresa se consideren oportunos; de todo isto e tal como sinala o acordo de formación continua para o ámbito empresarial, informarase os delegados de persoal e solicitarase o informe correspondente deste.

Ós traballadores que participen en cursos de formación continua teráselles en conta estes para efectos de promoción interna e para o acceso a categoría superiores.

Artigo 38º.- Compromiso de creación de emprego.

A empresa comprométese, dentro das súas posibilidades e evolución económica, a ir incorporando anualmente algún persoal con contrato indefinido, tendo sempre en conta para tales efectos, os informes que en relación con tal persoal emitan os responsables respectivos de cada área.

A teor das circunstancias actuais, e salvo modificación importante delas que se poida producir durante a vixencia deste convenio, establécese un compromiso mínimo estimativo de 17 persoas fixas durante a vixencia deste convenio, dos cales polo menos 7 estarán incorporadas antes de fin do ano 1998, un total acumulado de 10 deberán estalo antes de fin do ano 1999, 14 persoas en total deberán estar incorporadas con contrato indefinido antes de fin do ano 2000 e as 17 sinaladas deberán estar incorporadas con contrato indefinido antes de fin do ano 2001.

Disposicións adicionais

Primeira.- Pacto de paz social.

Durante a vixencia deste convenio, a representación dos traballadores comprométese expresamente a non facer uso do dereito de folga con ocasión da proposta e resolución de cantas diferencias e conflictos de calquera índole xurdan coa dirección da empresa, acudindo para a súa resolución ás decisións que se adopten no seo da comisión paritaria, ou de non alcanzarse acordo, acudirase a canles de mediación, arbitraxe e conciliación que se conveña de mutuo acordo polas partes.

Segunda.- Compromiso de productividade e competitividade.

A necesidade de que Cablerías Conductoras, S.A. sexa competitiva nun mercado mundial cada vez máis esixente, obríganos a continua-los esforzos de mellora continua de tódolos parámetros que afectan á productividade e á reducción dos custos finais dos productos, para responder a esa necesidade e a demanda dos nosos clientes.

A representación dos traballadores, tendo en consideración o esforzo que para a empresa supón o incremento salarial pactado no presente convenio e resto das condicións económicas e sociais establecidas, comprométese, xunto coa dirección da empresa, a impulsa-los plans de mellora continuada da productividade, calidade e seguridade, economía dos procesos de producción e reducción do absentismo, así como ó seguimento dos obxectivos no seo dos grupos de traballo existentes ou nas comisións que puidesen ser creadas para o efecto.

Terceira.- Actualización salarial.

Co fin de posibilita-la adecuada actualización das táboas do exercicio 1998 e o aboamento dos importes salariais actualizados, acórdase fixa-lo día 31 de marzo como prazo máximo para tal fin, sen prexuízo dos efectos do presente convenio desde o día 1 de xaneiro de 1998.

Cuarta.- Salvagarda de validez do convenio.

No caso de que por calquera causa a autoridade laboral ou a xurisdicción competente declarase a nulidade de calquera dos artigos, disposicións adicionais e cláusulas do presente convenio, isto non implicará a nulidade do resto do seu contido, asumindo as partes a obriga de substituí-lo artigo que resultase anulado por un novo acordo na materia específica da que se trate.

Cláusula derrogatoria.

Dado que o presente convenio vén substituí-lo convenio do anterior ámbito, convenio de empresas da provincia de Pontevedra do sector do metal sen convenio propio, decláranse xa, polas partes asinantes no que se refire a esta empresa, como totalmente derrogadas e inaplicables para os traballadores desta empresa, as disposicións e articulado contido no convenio do metal que estivo vixente ata o 31-12-1997, as cales xa non serán aplicables para ningún efecto ó persoal con relación laboral con Cablerías Conductoras, S.A., ou que se contrate no futuro.

Cláusula derradeira.

O presente convenio é subscrito polas persoas que se citan a seguir na representación que ostentan de cada unha das partes negociadoras:

Pola representación da empresa:

Agustín Barberá Gómez.

Eugenio Camiña Piñeiro.

Francisco Domínguez Rego.

Luis Ángel Salas Manrique.

Por parte da representación dos traballadores:

Inés Rodríguez Rodríguez.

Eduardo Lois Tocino.

José Ángel Pérez Castro.

ANEXO I

Táboa salarial para o ano 1998

CategoríasSalario baseAntigüidade

Técnicos titulados

Enxeñeiros e licenciados203.0218.447
Peritos con responsabilidade183.3137.624
Enxeñeiros e técnicos

industriais

174.6147.079
Graduados sociais137.0745.506
Mestres industriais134.7204.754
Practicantes114.1484.546

CategoríasSalario baseAntigüidade

Técnicos de taller

Xefe de taller148.2976.160
Mestres de taller132.6475.509
Contramestre132.6475.509
Encargado121.0655.018
Capataz de especialistas103.2314.282
Capataz de peóns ordinarios98.9774.097

Técnicos de laboratorio

Xefe de primeira154.8936.432
Xefe de segunda132.6475.509
Analista de primeira121.0655.018
Analista de segunda104.0794.282
Auxiliar94.4753.859

Técnicos de oficina

Delineante proxectista139.6026.088
Delineante de primeira115.4584.790
Delineante de segunda105.4384.374
Auxiliar94.4753.859

Organización científica do traballo

Xefe de primeira147.6776.160
Xefe de segunda137.1645.694
Técnico de organización primeira119.0154.936
Técnico de organización segunda106.2854.412
Auxiliar94.4753.859

Administrativos

Xefe de primeira148.2846.160
Xefe de segunda137.1645.694
Oficial de primeira119.0114.936
Oficial de segunda106.2854.412
Viaxante119.0114.936
Auxiliar94.4753.859

Persoal subalterno

Chofer camión104.0414.310
Chofer turismo101.7954.219
Chofer motociclo95.0563.936
Listeiro100.6474.170
Almaceneiro97.2924.033
Pesador de báscula95.0563.936
Vixilante92.8113.844
Porteiro e ordenanza90.5733.749

Operarios de taller

Oficial de primeira111.7074.642
Oficial de segunda106.9904.358
Oficial de terceira102.2464.208
Especialista99.3064.067
Peón94.4743.859

Menores 18 anos

De 17 a 18 anos60.963
De 16 a 17 anos60.963

Plus traballos espe-

ciais

Un só suposto ptas./hora58
Dous ou máis supostos89

Axudas de custo

Axuda de custo comple-

ta ptas./día

3.815
Media axuda de custo

ptas./día

1.547

Plus transporte

Por día traballado

ptas.

537

ANEXO 2

Táboa rendementos ano 1998

Rendimiento

KB

Ptas. centésimas

Rendemento

Pesetas

hora

Pesetas

hora

Minutos

Producción

Peón-especialistaPeónEspecialistaPeónEspecialistaPeón-especialista

123456

KB-103,66053,80230,00000,000060,00

KB-1,0113,66053,80233,66053,802360,60

KB-1,0223,66053,80237,32097,604261,20

KB-1,0333,66053,802310,981311,407761,80

KB-1,0443,66053,802314,636615,208662,40

KB-1,0553,66053,802318,302219,010763,00

KB-1,0663,66053,802321,962722,812963,60

KB-1,0773,66053,802325,623126,615164,20

KB-1,0883,66053,802329,283530,417364,80

KB-1,0993,66053,802332,944134,219465,40

KB-1,10103,66053,802336,604534,022766,00

KB-1,11113,66053,802340,264841,823566,60

KB-1,12123,66053,802343,925145,625967,20

KB-1,13133,66053,802347,585549,428067,80

KB-1,14143,66053,802351,245953,230168,40

KB-1,15153,66053,802354,906557,032169,00

KB-1,16163,66053,802358,567060,834369,60

KB-1,17173,66053,802362,227264,636570,20

KB-1,18183,66053,802365,887768,438670,80

KB-1,19193,66053,802369,548272,240771,40

KB-1,20203,66053,802373,208676,043072,00

KB-1,21213,66053,802376,869167,848972,60

KB-1,22223,66053,802380,529783,647373,20

KB-1,23233,66053,802384,190187,449573,80

KB-1,24243,66053,802387,850391,251474,40

KB-1,25253,66053,802391,510895,053675,00

KB-1,26263,66053,802395,171198,841675,60

KB-1,27273,66053,802398,8318102,657976,20

KB-1,28283,66053,8023102,4922106,460176,80

KB-1,29293,66053,8023106,1526110,262377,40

KB-1,30303,66053,8023109,8133114,064378,00

KB-1,31313,66053,8023113,4733117,866678,60

KB-1,32323,66053,8023117,1337121,668679,20

KB-1,33333,66053,8023120,7942125,470780,00

1) Son as centésimas a máis do rendemento KB-1.

2-3) Cociente entre prima/hora a rendemento KB-1,33 e as centésimas a máis correspondentes a ese rendemento para peón e especialista.

Exemplo: 125,4707 = 3,8023 especialista; 120,7942 = 3,6605 peón

33 33

4) 1x2.

5) 1x3.

Acordos de primas de producción

1. Tempos.

1.2. Os tempos serán determinados polos procedementos de cronometraxe e valoración polos nosos servicios técnicos sendo estes: estimados, provisionais e definitivos.

1.3. Ó poñerse en marcha unha nova operación ou unha modificación de postos de traballo e ata

que sexa posible realiza-la primeira cronometraxe, aplicaranse tempos estimados que serán obtidos por apreciación.

1.4. Considérase como tempo provisional o obtido na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado que se producise unha vez que o técnico considere unha garantía na estabilización do método e a práctica do operario.

1.5. Considérase tempo definitivo o que se asigne a cada traballo no momento en que as garantías, condicións mecánicas e operatorias se encontren totalmente estabilizadas.

2. Revisión de tempos.

2.1. Os tempos definitivos non poderán ser modificados excepto nos casos seguintes:

1º.- Por reforma dos métodos ou medios, máquinas, equipos, ferramentas, etc.

2º.- Por mellora do proceso operatorio calquera que sexa a orixe da mellora.

3º.- Cando se incorrese de modo manifesto ou indubitado en erro de cálculo ou medición.

4º.- Se no traballo houbese cambio no número de traballadores ou algunha outra modificación nas condicións daquel.

5º.- Nos postos considerados como tempos variables por circunstancias alleas a eles como recuperacións, etc. Nestes postos os tempos serán revisados periódica e sistematicamente sen alcanzar nunca a consideracións de definitivos.

6º.- Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise.

3. Aplicación de tempos.

3.1. Adoptarase o sistema de prima individual ou por grupos en tódolos casos en que tecnicamente sexa posible e mentres a organización do traballo non aconselle o contrario.

3.2. Cando un operario pase dun posto productivo a outro productivo non parecido, dentro do mesmo período, será compensado nos 3 días primeiros co valor medio da prima que obteña no dito período, como compensación de aprendizaxe, sempre que mellore diariamente a súa producción.

3.3. Todo traballador deberá coñecer, se así o solicita, o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima unha vez que estea completamente establecida.

4. Rendementos.

4.1. De acordo co disposto no Decreto, do 17 de agosto de 1973 de ordenación do salario e Orde do 22 de novembro de 1973, referente á ineptitude do traballador, establécese que o rendemento normal será o chamado KB-1, equivalente a 60 minutos hora e o máximo ó KB-1,33, equivalente a 80 minutos hora.

4.2. Establécese como rendemento normal ou habitual dun traballador o que este obtivese en precedentes períodos de tempo, podéndose considerar como período para determina-lo dito rendemente normal o que viñese obtendo de modo habitual e

ordinario durante un mínimo dun mes. Para os postos colectivos, cadeas, grupos funcionais, etc. este período de tempo redúcese a 15 días.

4.3. Cando non exista medio de comparación propio dun posto de traballo, considerarase como rendemento normal o que obtivesen outros traballadores no mesmo posto ou similar, traballando ó rendemento normal.

4.4. O período de tempo para determinar que existe continuidade no baixo rendemento que se refire ó artigo 54.2.e do Real decreto lei 80/1980, do 10 de marzo, será diferente segundo se trate dun traballador ou ben afecte a un grupo de traballadores máximo se como consecuencia diso se derivase escándalo ou producise indisciplina ou incitación a outros productores a secundar tal actitud.

No que se refire a traballadores que ocupen postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario, para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento, que este se producise no período dun mes despois de ter sido apercibido.

5. Calidade.

5.1. Tódolos rendementos citados anteriormente están condicionados a que os traballos o estean dentro das condicións das pezas modelo, gamas ou dos útiles de verificación pois, en caso contrario, as pezas que fosen mal elaboradas por neglixencia do traballador estas non se terán en conta para acha-lo rendemento.

6. Condicións económicas.

6.1. A retribución do persoal de producción componse de salario convenio e prima de producción (nos casos establecidos) e prima de posto (nos casos establecidos).

6.2. O salario que con carácter de mínimo corresponde a cada categoría, será o establecido en convenio correspondente.

6.3. A prima de producción establécese de acordo co KB medio obtido mensualmente segundo a táboa de rendementos que se xunta en folla número catro.

6.4. Os valores establecidos na táboa de rendementos serán revisados de acordo coa porxentaxe de aumento de salarios segundo convenio ou disposición legal que afecte a esta empresa.

6.5. A paga por vacacións retribuirase polo medio obtido polo traballador nos tres últimos meses anteriores ó seu desfrute, en concepto de salarios, primas e antigüidade.

6.6. Para acha-lo rendemento cada operario cubrirá, diariamente, unha folla de traballo anotando descrición do traballo realizado, referencia, número de máquina, orde de fabricación, cantidade de pezas, etc.

6.7. Fíxase unha prima de posto de traballo non cronometrado equivalente ó KB-1,26 a cal se aboará en relación ós minutos de presencia.

As ditas primas de posto deixaranse de percibir no suposto de que este persoal ocupase traballos cronometrados xa que, nas ditas circunstancias, pasarían a percibi-la prima correspondente da táboa de rendementos adxunta.

6.8. Ós traballadores que estean a producción e pasen a un traballo non cronometrado, dentro do

mesmo día, aboaráselle-la prima de producción que obteña no traballo cronometrado.

Este acordo anula tódolos anteriores e entrará en vigor na data de subscrición e, en proba de conformidade con todo o anteriormente exposto, asinan ámbalas partes o presente documento.

Vigo, 1 de xaneiro de 1992.

Pola empresaPolos traballadores

Táboa rendementos ano 1991

Rendimiento

KB

Ptas. centésimas

Rendemento

Pesetas

hora

Pesetas

hora

Minutos

Producción

Pesetas

minuto

Peón-especialistaPeónEspecialistaPeónEspecialistaPeón-especialistaPeónEspecialista

12345678

KB-102,55462,65350060,0000

KB-1,0112,55462,65352,55462,653500,600,04220,0438

KB-1,0222,55462,65355,10925,307061,200,08350,0867

KB-1,0332,55462,65357,66387,960561,800,12400,1288

KB-1,0442,55462,653510,218410,614062,400,16380,1701

KB-1,0552,55462,653512,773013,267563,000,20270,2106

KB-1,0662,55462,653515,327615,921063,600,24100,2503

KB-1,0772,55462,653517,882218,574564,200,27850,2893

KB-1,0882,55462,653520,436821,228064,800,31540,3276

KB-1,0992,55462,653522,991423,881565,400,35160,3652

KB-1,10102,55462,653525,546026,535066,000,38710,4020

KB-1,11112,55462,653528,100629,188566,600,42190,4383

KB-1,12122,55462,653530,655231,842067,200,45620,4738

KB-1,13132,55462,653533,209834,495567,800,48980,5088

KB-1,14142,55462,653535,764437,149068,400,52290,5431

KB-1,15152,55462,653538,319039,802569,000,55530,5768

KB-1,16162,55462,653540,873642,456069,600,58730,6100

KB-1,17172,55462,653543,428245,109570,200,61860,6426

KB-1,18182,55462,653545,982847,763070,800,64950,6746

KB-1,19192,55462,653548,537450,416571,400,67980,7061

KB-1,20202,55462,653551,092053,070072,000,70960,7371

KB-1,21212,55462,653553,646655,723572,600,73890,7675

KB-1,22222,55462,653556,201258,377073,200,76780,7975

KB-1,23232,55462,653558,755861,030573,800,79610,8270

KB-1,24242,55462,653561,310463,684074,400,82410,8560

KB-1,25252,55462,653563,865066,337575,000,85150,8845

KB-1,26262,55462,653566,419668,991075,600,87860,9126

KB-1,27272,55462,653568,974271,644576,200,90520,9402

KB-1,28282,55462,653571,528874,298076,800,93140,9674

KB-1,29292,55462,653574,083476,951577,400,95710,9942

KB-1,30302,55462,653576,638079,605078,000,98251,0206

KB-1,31312,55462,653579,192682,258578,601,00751,0465

Rendimiento

KB

Ptas. centésimas

Rendemento

Pesetas

hora

Pesetas

hora

Minutos

Producción

Pesetas

minuto

Peón-especialistaPeónEspecialistaPeónEspecialistaPeón-especialistaPeónEspecialista

12345678

KB-1,32322,55462,653581,747284,912079,201,03221,0721

KB-1,33332,55462,653584,301887,565580,001,05381,0946

1) Son as centésimas a máis do rendemento KB-1.

2-3) Cociente entre prima/hora a rendemento KB-1,33 e as centésimas a máis correspondentes a ese rendemento para peón e especialista.

Exemplo: 87,5655 = 2,6535 especialista; 84,3018 = 2,5546 peón

33 33

4) 1x2.

5) 1x3.

7-8) 4:6.

5:6.

-Esta táboa foi actualizada segundo convenio colectivo para o ano 1991, cun aumento do 8% con respecto o ano 1990.

3232