Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 16 de abril de 1998 Páx. 3.911

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a ampliación de unha unidade de Educación Primaria ó centro privado concertado Santa Teresa de Jesús de Ourense.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado concertado Santa Teresa de Jesús de Ourense no que solicita a ampliación dunha unidade de educación primaria.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense que o envía cos informes emitidos pola inspección de educación e pola unidade técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), a disposición derradeira primeira do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación primaria. Esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Autorizarlle a ampliación dunha unidade de educación primaria ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a posta en funcionamento dela, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1998.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia de Ourense.

Concello: Ourente.

Localidade: Ourente.

Enderezo: r/ Peña Trevinca, 2.

Denominación: Santa Teresa de Jesús.

Titular: Hermanas Carmelitas de la Caridad.-Composición resultante:

Centro de educación infantil: 5 unidades.

Centro de educación primaria: 18 unidades.

Centro de educación secundaria: 12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Centro de bacharelato de 8 unidades coas modalidades seguintes: ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

3036