Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 16 de abril de 1998 Páx. 3.910

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 114/1998, do 2 de abril, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun soar na Avenida Xeneral Franco, 74-76, termo municipal de Ortigueira (A Coruña), feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para a construcción do edificio do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción.

O Pleno da Corporación Municipal de Ortigueira, en sesión celebrada o 29 de marzo de 1996, acordou a cesión á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais dun soar para a construcción do edificio do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Ortigueira acordou a cesión, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de abril de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta dun soar duns 615 m, pertencente ó Concello de Ortigueira, sito na Avenida Xeral Franco, 74-76, de Ortigueira, que linda: fronte, coa dita avenida; fondo, resto do predio matriz de onde se segregou o dito soar; dereita entrando, herdeiros de Segunda Calvo Moreiras; e esquerda, herdeiros de Gonzalo Prieto.

O inmoble descrito atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Ortigueira ó tomo 352 do arquivo, libro 189 do Concello de Ortigueira, folio 203, predio nº 25.788, inscrición 3ª.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción, pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, do edificio do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, dous de abril de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

3019