Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Martes, 14 de abril de 1998 Páx. 3.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1998 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, do servicio de limpeza da Casa de Galicia en Madrid.

1. Obxecto: contratación do servicio de limpeza da Casa de Galicia en Madrid.

2. Prazo de execución: un ano.

3. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderase retirar da Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela, ou na Casa de Galicia en Madrid, rúa Casado del Alisal, 8 (Madrid).

4. Fianza provisional: 280.000 pesetas.

5. Fianza definitiva: 560.000 pesetas.

6. Modelo de proposición: o que figura como anexo 2 ó prego de claúsulas administrativas particulares.

7. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 11 de maio de 1998.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do servicio de limpeza na Casa de Galicia en Madrid, que presenta D.... en nome .... ( propio o de la entidad que representa)».

8. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 14 de maio de 1998.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o deberá de aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1998.

P.D.(Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

2688