Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Martes, 14 de abril de 1998 Páx. 3.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

EDICTO do 16 de marzo de 1998, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fai pública a notificación a Carmen Villar Mayo do acordo de liquidación derivado de acta de inspección.

Non sendo atopados nos domicilios coñecidos por esta Delegación de Economía e Facenda e, por conseguinte, sen se poder levar a efecto a notificación pretendida ós contribuíntes que a seguir se relacionan, por medio do presente edicto, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles acordos de liquidación derivados de actas incoadas polo Servicio de Inspección Tributaria.

Advírtese ós interesados o seu dereito a formular ante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación as alegacións que consideren oportunas, logo da posta de manifesto das respectivas actuacións, dentro do prazo dos quince días seguintes ó da publicación do presente edicto, servindo as ditas actas e acordos para a iniciación dos expedientes ós que se refire o apartado primeiro do artigo 146 da Lei xeral tributaria.

A Coruña, 16 de marzo de 1998.

P.S.

Enrique Fernández Arias

Secretario territorial da Coruña

Imposto sobre transmisións patrimoniais e A.X.D.

Período: 1995. Acta A05 0025970.

Contribuínte: 41392121X. Carmen Villar Mayo. Comandante Bujosa 12-8º I, Palma de Mallorca.

Base impoñible: 1.000.000.

Cota: 60.000.

Sanción: 25.200.

Xuro por demora: 15.189.

Total: 100.389.

2822