De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 5 de xuño de 1997 (BOE do 27 de xuño), para a provisión da praza número 97/015, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de socioloxía, departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración desta universidade, a favor de Eduardo Terren Lalana, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Eduardo Terren Lalana, profesor titular de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración desta universidade.
A Coruña, 23 de marzo de 1998.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
3165