Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Martes, 14 de abril de 1998 Páx. 3.825

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 9 de marzo de 1998 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 20 de xaneiro de 1998 (DOG nº 27 do 10 de febreiro), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 20 de xaneiro de 1998 (DOG nº 27 do 10 de febreiro).

Segundo.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1998.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Fernández Pampillón, Mª Elisa.

NRP: 3524097946 A2051.

Grupo: B.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: xestión da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: Servicio de Atención Primaria e Cooperación coas Corporacións Locais.

Dependencia: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Comesaña Álvarez, Ana.

DNI: 36.069.939.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: estatutario.

Posto de traballo: Servicio de Relacións Laborais.

Dependencia: División de Recursos Humanos do Sergas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Lasheras Goicoechea, Mª Carmen.

DNI: 15.795.749.

Grupo: B.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: estatutario.

Posto de traballo: Servicio de Aprovisionamento.

Dependencia: División de Recursos Económicos do Sergas.

Localidade: Santiago de Compostela.

3006