Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Martes, 14 de abril de 1998 Páx. 3.823

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 25 de marzo de 1998 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública,

tramitaráselle o seu traslado a esta Comunidade Autónoma e, unha vez concedido pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no DOG o funcionario seleccionado non puidese incorporarse ó seu posto de traballo por non atoparse resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderanse declarar desertos os posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO I

Código do postoN.C. espc.GrupoCorpoDenominación do postoDependenciaLocalidadeTitulación académica/

Formación específica

AG.C99.10.201.27001.001281.405.752A/BXeral/

especial

Xefe Servicio Extensión AgrariaDelegación provincialLugo

AG.C99.10.000.32001.070281.673.520A/BXeralSecretario/a provincialDelegación provincialOurense

AG.C99.30.201.32090.001261.338.828A/BXeral/

especial

Xefe Área VI-Servicio Extensión Agraría. O Barco de ValdeorrasDelegación provincialO Barco de Valdeorras

AG.C99.30.201.36380.001261.338.828A/BXeral/

especial

Xefe Área III-Servicio Extensión Agraria-O PorriñoDelegación provincialO Porriño

AG.C99.10.000.32001.00116502.080C/DXeralSecretario/a delegadoDelegación provincialOurenseMecanografía

3005