Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Martes, 14 de abril de 1998 Páx. 3.822

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1998, do tribunal V-1, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pranchador/a-lavandeiro/a, costureira, cortador/a, pranchador/a, lavandeiro/a) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do terceiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 3 de abril de 1998 polo tribunal V-1, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pranchador/a-lavandeiro/a, costureira, cortador/a, pranchador/a, lavandeiro/a) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 242, do 12 de decembro), acordouse:

1º. Que o terceiro exercicio para os aspirantes que superaron o segundo do proceso selectivo para o acceso á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pranchador/a-, lavandeiro/a, costureira, cortador/a, pranchador/a, lavandeiro/a) do grupo V terá lugar o día 30 de abril de 1998, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa Madrid 2-4 (polígono das Fontiñas) en Santiago de Compostela.

O chamamento único para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17 horas.

2º. Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), e de bolígrafo.

3º. De acordo coa base II.2.2 da orde de convocatoria, estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de iniciación de galego. Tal acreditación poderá presentarse ata 10 días antes da celebración do exercicio, na Consellería da Presidencia e Administración Pública ou nas súas delegacións provinciais.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1998.

Jaime García y García

Presidente do tribunal

2977