Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Martes, 14 de abril de 1998 Páx. 3.822

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1998 pola que se fan públicos algúns dos acordos da comisión encargada da selección dos participantes nos cursos XIX, XX, XXI, XXII e XXIII para a obetención do diploma de directivo.

Á vista do acordado na reunión do día 6 de abril de 1998 pola comisión encargada da selección dos participantes nos cursos XIX, XX, XXI, XXII e XXIII para obtención do diploma de directivo convocados por Resolución do 9 de xaneiro de 1998 (DOG nº 12, do 20-1-1998).

RESOLVO:

1º Anuncia-la publicación da relación provisional de excluídos da participación nos cursos XIX, XX, XXI, XXII e XXIII para obtención do diploma de directivo.

2º Anuncia-la publicación da relación de admitidos para participar no proceso selectivo dos XIX, XX, XXI, XXII e XXIII cursos para obtención do diploma de directivo, coas puntuacións correspondentes conforme ó baremo aplicable.

3º As devanditas relacións estarán no taboleiro de anuncios da EGAP. Tamén serán remitidas ó Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

4º Fixar un prazo de dez días para que os interesados poidan aduci-las alegacións que estimen oportunas.

5º Publica-la puntuación mínima esixida para ser convocado á realización da entrevista. A dita puntuación fíxase en 0,40 puntos.

6º Anunciar que a lista definitiva de participantes se publicará só no taboleiro de anuncios da EGAP.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

3119