Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO de licitación.

De acordo co disposto na LCAP anúnciase a poxa con procedemento aberto das obras incluídas no programa de acción especial de 1998, conforme o prego de cláusulas administrativas xerais, aprobado por acordo da deputación provincial do día 27 de maio de 1996 e modificados na sesión do 28 de novembro de 1996. (BOP número 282 do 9 de decembro).

1º Obxecto.

Adxudicación das obras incluídas nos proxectos de obras seguintes:

1. Abastecemento de augas a Campo da Lanza, Verea, Liñeiro, Couto Salgueiro e Vilar.

2. Pavimentación de rúas nas parroquias de Cardeiro, Arceo, Andabao e Boimil.

2º Tipo de licitación.

1. 8.075.410 ptas.

1. 13.401.419 ptas.

3º Prazo de ejecución.

6 meses desde a formalización do contrato.

4º Lugar e prazo de presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP ou no DOG, de 9 a 13 horas.

5º Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación.

6º Fianza definitiva.

4% do importe de adxudicación.

7º Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 13 horas do quinto día seguinte hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

8º Modelo de proposición e documentación.

«D/Dª..., con domicilio en..., rúa..., nº..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa)nº.., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF nº..., e con domicilio en..., nº..., teléfono...) toma parte na poxa con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de..., e para tales efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 199...

O licitador (asinado e rubricado)»

9º Modelo de sobre.

«Proposición para tomar parte na contratación das obras de..., presentada por...

En..., ... de... de 199...»

En sobre á parte achegarase a documentación esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas xerais aprobadas pola deputación provincial para a contratación mediante poxa con procedemento aberto.

Boimorto, 16 de marzo de 1998.

Luis Verea Taboada

Alcalde

2513