Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998 pola que se concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Eptisa con domicilio na estrada de Freixo, 18. 36214 Sárdoma-Vigo (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2, 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro), polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12 h e

18.3º.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Concederlle, por cambio de domicilio, a inscrición no Rexistro a Acreditación de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Eptisa con domicilio en Bretoña-Curro Barro 36692 Pontevedra e concederlle a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción a Eptisa, con domicilio na estrada de Freixo, 18. 36214 Sárdoma-Vigo (Pontevedra) polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990 do 6 de setembro, na área de:

* HF Área de control de formigón fresco co número 15035HF92.

Este laboratorio e a súa acreditación considérase dependente do laboratorio Eptisa inscrito co número 15003HA91.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1998.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

2538