Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 09 de abril de 1998 Páx. 3.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

ANUNCIO de concurso.

Primeiro.-Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Laxe (A Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 37/1998.

Segundo.-Obxecto.

1. É obxecto deste concurso con procedemento aberto o alleamento mediante permuta pública dun soar propiedade do concello de Laxe, que ten as seguintes características:

a) Descrición e superficie: solar sito entre as rúas do Cantón e Dos Plazuelas, que forma parte do predio denominado «Arenal en Cova Grande», de 406 m de superficie, cos seguintes lindeiros: norte: rúa Luna e Antonio Carracedo Sacedón; sur: Francisco Pose Lema; leste: rúa do Cantón; oeste: rúa Dos Plazuelas. O predio da que forma parte ó soar antes descrito é ben patrimonial incluído no Inventario do Patrimonio Municipal no folio nº 5 e inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo no tomo 592, libro 39, folio 49, predio 2579, inscrición 1ª.

b) Cualificación urbanística: o soar está cualificado polas normas subsidiarias de planeamento municipais como solo residencial denso para edificacións cunha latura máxima de baixo a tres plantas a calquera das rúas ás que dea fachada, coas características que se especifican nas devanditas normas.

c) Valoración: 18.508.832 ptas.

2. O alleamento realizarase en concepto de «corpo certo», polo que non caberá reclamación ningunha por razón da superficie.

Terceira.-Natureza xurídica.

O alleamento do soar instruméntase a través do contrato de permuta dun ben existente, que é o soar devandito de propiedade municipal, por un ben futuro, que estará constituído polos locais e espacios libres dos andares baixo, primeiro e segundo dunha edificación que se construirá no soar referido, consonte o proxecto técnico redactado polo arquitecto, Luis Collate Rodríguez, que se xunta como anexo a este prego e que forma parte integrante del, e xa que logo ten carácter contractual, e que van ser destinados a mercado municipal e outros servicios públicos.

Cuarta.-Características dos locais e espacios que recibirá o concello.

Os locais e espacios libres que lle serán entregados ó concello polo dxudicatario no prazo que se establece na cláusula 5ª do prego, terán as características que se reflicten no proxecto básico da edi-

ficiación, que forma parte integrante do expediente de contratación, que están valorados en 18.511.352 pesetas.

Quinta.-Prazo de construcción do edificio.

A construcción total da edificación realizarase no prazo máximo de 18 meses, contados a partir da notificación da concesión da licencia municipal de obra. Ó remate da construcción, o adxudicatario deberá presentar no concello da solicitude de licencia de primeira ocupación.

Sexta.-Prazo de entrega dos locais e espacios libres.

A entrega efectiva dos locais e espacios libres a que se fai referencia na cláusula 3ª do prego, libres de toda clase de cargas, gravames, impostos e demais exaccións, realizarase no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da notificación da concesión da licencia de primeira ocupación.

Sétima.-Capacidade para contratar.

Están capacitadas para contrata-las persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade para obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica (artigos 15, 16 e 17 da LCAP), e que non estean comprendidas en ningunha das circunstancias que enumera o artigo 20 da LCAP, modificado pola Lei 9/1996, do 15 de xaneiro.

A Administración poderá contratar con unións de empresas que se constitúan temporalmente para o efecto, na forma sinalada no artigo 24 da LCAP.

Oitava.-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

Novena.-Garantías.

a) Provisional: 2 por 100 do orzamento base de licitación: 370.177 ptas.

b) Definitiva: 4 por 100 do orzamento base de licitación: 740.353 ptas.

Décima.-Proposicións, lugar e prazo de presentación.

As proposicións para poder tomar parte na licitación presentaranse no rexistro xeral de documentos do concello de Laxe, no prazo de vintesies días naturais, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación do anuncio da licitación no BOP e no DOG, en horas de 9 a 13, e en tres sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e que se axustarán ó modelo seguinte:

«Proposoción para poder tomar parte no concurso con procedemento aberto para o alleamento dun soar

de propiedade municipal, sito na rúa do Cantón da vila de Laxe, mediante a súa permuta polos locais e especios libres dos andares baixo, primeiro e segundo dunha edificación que se construirá no soar referido, que presenta e empresa...

En..., ... de... de 199...

O licitador

(Asinado e rubricado)»

1. Sobre A: subtitulado (Oferta Económica).

Conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo seguinte:

«D/Dª..., con domicilio en... (rúa/praza, nº, concello e provincia), nº teléfono ..., e DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº..., actuando en nome propio ou en representación..., DNI ou CIF nº..., e con domicilio en..., nº..., teléfono...) toma parte no concurso con procedemento aberto para o alleamento dun soar de propiedade municipal, sito na rúa do Cantón da vila de Laxe, mediante a súa permuta polos locais e espacios libres dos andares baixo, primeiro e segundo dunha edificación que se construirá no soar referido, e para o que fai constar:

1º. Que, en contraprestación á adquisición do soar propiedade do Concello de Laxe, se compromete:

-A construír á súa custa unha edificación no soar que se describe na cláusula 1ª das do prego que rexe a contratación no prazo máximo de 18 meses, contados a partir da notificación da concesión da licencia municipal de obra, con estricta suxeición ó proxecto técnico redactado polo arquitecto, Luis Collarte Rodríguez, ó prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación e a súa propia oferta, no suposto de que esta sexa aceptada pola Administración.

-A realiza-la entrega efectiva, libres de toda clase de cargas, gravames, impostos e demais exaccións, dos locais e espacios libres dos andares baixo primeiro e segundo da edificación especificados na cláusula 3ª do prego devandito no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da notificación da concesión da licencia de primeira ocupación, consonte o proxecto técnico redactado polo arquitecto Luis Collarte Rodríguez, ó prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación e a súa propia oferta, no suposto de que esta sexa aceptada pola Administración.

2º. Que coñece e acepta cantas obrigas se derivan dos pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen na presente contratación, o que supón a aceptación incodicionada do contido da totalidade das ditas cláusulas sen salvidade ningunha.

3º. Que acompaña nos sobre B e C toda a documentación esixida no devandito prego de cláusulas administrativas.

En..., ... de ... de 199...

O licitador

(Asinado e rubricado)»

2. Sobre B: subtitulado «Documentación».

Conterá a documentación esixida na cláusula 10 do prego.

3. Sobre C: subtitulado «Referencias Técnicas».

Conterá a documentación esixida na devandita cláusula 10 do prego.

Décimo primeira.-Data, lugar e hora de apertura das ofertas.

O quinto día hábil seguinte (agás sábados) ó remate de presentación de proposicións, ás 11 horas, na sede do Concello de Laxe, avenida Cesáreo Pondal, 26, 15117 Laxe (A Coruña).

Décmo segunda.-Obtención de documentación.

a) Concello de Laxe (A Coruña). Secretaría avenida Cesáreo Pondal, 26, 15117 Laxe (A Coruña). Teléfonos: 73 50 11-72 80 00 Fax 72 80 25.

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día anterior ó remate de presentación de propostas.

Décimo terceira.

O prego de cláusulas administrativas particulares aprobouno o Pleno da Corporación en sesión do 28 de febreiro de 1998, e exponse ó público para os efectos previstos polo artigo 122 do Real decreto ley 781/1986, polo prazo de oito días hábiles.

Laxe, 9 de marzo de 1998.

Antonio Castro Lema

Alcalde-presidente