Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 09 de abril de 1998 Páx. 3.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos 1167/1997.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación persoal.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 0201021083 da Caixa Pontevedra O.P. de Vigo, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa firme. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita na r/ Gago de Mendoza, 2-2º, Pontevedra.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario ante o conselleiro de Xustiza, interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que se presente, a resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

ANEXO

Nº de expediente: 1167/1997.

Denunciado: Higinio Prieto Sieiro.

Enderezo: Avda. General Franco, 3.

Establecemento: Ladeira.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/1992.

Precepto sancionado: Art. 28 da Lei 1/1992.

Sanción: 50.000 ptas.