Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998 pola que se convoca concurso con procedemento aberto e tramitación urxente. (Expediente 2546/1998 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: asistencia á deputación para a organización e coordinación dun desfile de moda no Teatro Colón e outro no Pazo de Mariñán (Mariñán Pazo Moda 1998).

Lugar de execución: Teatro Colón e Pazo de Mariñán.

Orzamento: 13.000.000 de ptas.

Prazo de execución: a primeira quincena de maio (no Teatro Colón) e a última quincena de agosto (no Pazo de Mariñán).

Forma de adxudicación: concurso.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 520.000 ptas.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 13 días naturais desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: Boletín Oficial da provincia da Coruña.

A Coruña, 31 de marzo de 1998

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

3088