Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do concurso aberto para a contratación da asistencia técnica para a execución dos traballos de normalización e identificación de ata un máximo de 40.000 inscricións do padrón de lixo vivendas.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Administración de Tributos, Patrimonio e Contratación. Número de expediente 30707/510.

2. Obxecto do contrato: descrición: asistencia técnica para a execución dos traballos de normalización e identificación de ata un máximo de 40.000 inscricións do padrón lixo vivendas.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: durante o ano 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 8.000.000 de ptas.

5. Garantias: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo, Teléfono (986) 81 01 48, Fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 13/1995.

A solvencia técnica acreditarase mediante a presentación de certificados que acrediten a execución de contratos relativos a traballos de campo complementarios de planeamento urbanístico, rexistro catastral, padrón de habitantes ou similares.

8. Presentación de ofertas: data límite: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Otras informaciones: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 11.4 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 9 de marzo de 1998.

José Antonio Gil Sotres

Alcalde accidental

3064