Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

A Corporación Municipal en sesión levada a cabo o día 2 de marzo de 1998, prestou aprobación definitiva ós seguintes estudios de detalle:

Estudio de detalle na praza do Xeneralísimo, solicitado por Proconcado segundo proxecto redactado pola empresa Arteplán Galicia.

Estudio de detalle na rúa Paseo Matutino-estrada Nacional 120 solicitado por Ricardo Sobral Zúñiga segundo proxecto redactado por Alberto De Sousa Romalde.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Así mesmo a Corporación Municipal, na mesma sesión do 2 de marzo, acordou aprobar inicialmente os seguintes instrumentos urbanísticos:

Plan parcial Rial-Asprodico segundo proxecto redactado por José Manuel Quinteiro Crespo e Pedro Luis López Ruipérez.

Plan especial en desenvolvemento da unidade de execución número 13 (Urbanización Lamazanes) redactado pola empresa Arteplán Galicia.

Sométense estes expedientes de aprobacións iniciais á exposición pública, de conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, sobre o solo de Galicia, para os efectos de reclamacións durante o prazo dun mes.

Ponteareas, 5 de marzo de 1998.

José Castro Álvarez

Alcalde

2459