Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a subministración de pezas de roupa de uniforme e de traballo con destino ó persoal subalterno, conductores e operarios agrícolas da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 98/1049 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de pezas de roupa de uniforme e de traballo con destino ó persoal subalterno, conductores e operarios agrícolas da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de execución: deputación provincial.

Prazo de execución:

a) Vestiario de verán: 1 de xuño de 1998.

b) Vestiario de inverno: 5 de outubro de 1998.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 8.519.400 pesetas, desagregado en 8 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación de cada lote.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 3 de abril de 1998

Augusto César Lendorio

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

3089