Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 30 de marzo de 1998, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares para adxudicación por concurso, por procedemento de urxencia, para o arrendamento dunha centraliña e teléfonos, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte á derradeira inserción deste anuncio no DOG ou BOP, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará, cnado resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 3.500.000 pesetas, IVE incluído.

Prazos do contrato: a centraliña deberá estar entregada no prazo dun mes. A duración do contrato de arrendamento será de cinco anos.

Fianza provisional: 70.000 ptas.

Fianza definitiva: 140.000 do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sabado, en que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar de prazo de presentación. Presentaranses no resixtro xeral da Corporación en horario das 9 ás 14 horas, dentro do prazo dos trece días naturais contados a partir do día seguinte á derradeira publicación do presente anuncio no DOG e BOP.

Documentación. Presentarase en sobre pechado e axustado ó modelo que figura no prego de condicións que se encontra exposto ó público nas oficinas xerais do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 31 de marzo de 1998.

José Luís Castro Couto

Alcalde Acctal.

3142