Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión celebrada o vinteseis de marzo de mil novecentos noventa e oito acordou aprobar inicialmente o proxecto de delimitación da unidade de actuación UA20-1 entre as rúas Venezuela, Nicaragua, Barbeito e estrada de Castela e dispoñe-la apertura do trámite de información pública durante un prazo de vinte días, conforme o preceptuado no artigo 121 da Lei do solo de Galicia.

A citada delimitación poderase examinar na Xerencia de Urbanismo do concello en horario de

oficina e formula-las reclamacións e observacións que se estimen oportunas conforme o preceptuado no artigo 38 do Regulamento da xestión urbanística.

Ferrol, 3 de abril de 1998.

O alcalde

Rubricado

1689