Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO de licitación.

De acordo co disposto na LCAP anúnciase a poxa con procedemento aberto da obra incluída na 1º fase da anualidade 1998 do Plan 2000 de infraestructuras, conforme o prego de cláusulas administrativas xerais, aprobado por acordo da deputación provincial o día 27 de maio de 1996 e modificados na sesión do 28 de novembro de 1996 (BOP nº 282, do 9 de decembro).

1. Obxcto e tipo de licitación.

Adxudicación das obras de asfaltado de accesos

a núcleos dos Ánxeles, Dormeá, Boimil, Boimorto, Andabao e Sendelle.

2. Tipo de licitación.

12.667.243 ptas.

3. Prazo de execución.

6 meses desde a formalización do contrato.

4. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP ou no DOG, de 9 a 13 horas.

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación.

6. Fianza definitiva.

4% do importe de adxudicación.

7. Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 13 horas do quinto día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións: se cadrase sábado, domingo ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

8. Modelo de proposicións e documentación.

«D./Dª..., con domicilio en ..., rúa ..., nº ..., teléfono ..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº ..., actuando en nome propio (ou en representación de ..., DNI ou CIF nº ..., e con domicilio en ..., nº ..., teléfono ...) toma parte na poxa con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de ..., e para tales efectos fai constar:

1.-Que ofrece o prezo de ... ptas., que significa unha baixa de ... ptas., en relación co tipo de licitación.

2.-Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3.-Que achega a documentación esixida no prego de condicións.

En ..., ... de ... de 199...

O licitador (asinado e rubricado)»

Modelo de sobre.

«Proposición para tomar parte na contratación das obras de ..., presentada por ...

En ..., a ... de ... de 199...»

En sobre á parte achegarase a documentación esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas xerais aprobadas pola deputación provincial para a contratación mediante poxa con procedemento aberto.

Boimorto, 9 de marzo de 1998.

Luis Verea Taboada

Alcalde

3034