Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAIONA

ANUNCIO.

Sendo aprobado polo Concello Pleno, en sesión celebrada o día 16 de maio de 1997, o proxecto de expropiación, por razón de urbanismo, dos terreos para a obra da nova estrada de enlace da autoestrada Val Miñor coa C-550, queda exposto ó público durante un mes o dito proxecto para que os que poidan resultar interesados, formulen as observacións que consideren convenientes, en particular no que se refire á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Baiona, 1 de abril de 1998.

Manuel Ramón Vilar Márquez

Alcalde

2396