Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1998 pola que se anuncia concurso público para a contratación de servicios de instalación e equipamento de comunicación para o programa Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de servicios de instalación e equipos de comunciación para o programa Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo,

15701 Santiago de Compostela, Tlf.: (981) 54 11 01, fax: (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: C.P. nº 3/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Concurso público para a contratación de servicios de instalación e equipos de comunicación para o programa Igatel do Igape. O concurso desagrégase nos seguintes lotes:

Lote 1: instalación e seguimento de usuarios de Igatel vía móden.

Lote 2: instalación e seguimento de usuarios de Igatel, vía RDSI.

Lote 3: tarxetas RDSI para usuarios Igatel.

b) Prazo de execución: dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

11.774.000. (IVE incluído), coa seguinte desagregación por lotes e anualidades:

Lote 1:

Ano 1998: 2.505.600 ptas. IVE incluído.

Ano 1999: 278.400 ptas. IVE incluído.

Lote 2:

Ano 1998: 5.481.000 ptas., IVE incluído.

Ano 1999: 609.000 ptas., IVE incluído.

Lote 3:

Ano 1998: 2.610.000 ptas., IVE incluído.

Ano 1999: 290.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional, 2% do orzamento máximo de licitación para 1998 do lote ou lotes ós que se licite.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado

o prazo, entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou, por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios.

Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1998.

Casto Varela Gesto

Director xeral adxunto do Igape

2759