Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 13 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do recurso ordinario correspondente ó expediente 15-123/1994, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente nº 15-123/1994, por infracción en materia de defensa do consuimidor.

Contra a dita resolución, que lle pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer, logo da comunicación a este servicio, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó desta publicación.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388), Santiago de Compostela.

Expediente: 15-123/1994.

Inculpado: Nikken Europa, S.L..

Domicilio: polígono Industrial do Tambre, r/D19-21, Santiago de Compostela.

Sanción e motivos: 500.000 ptas./Publicidade enganosa.

Data da resolución: 16-1-1998.

A Coruña, 13 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2760