Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 12 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador 15-700/1997, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-700/1997, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer, recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa, 10 A 2º, Edif. Área Central, As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun meses a partir desta notificación.

Se non se recorrese no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388), Santiago de Compostela.

Expediente: 15-700/1997.

Inculpado: Autos Nilo, S.A.

Domicilio: María, 7 baixo (Ferrol).

Sanción e motivos: 50.000 ptas./Incumprimento nas condicións dun servicio

Data da resolución: 20-1-1998.

A Coruña, 12 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2572