Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1998 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración de material de oficina consumible para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación da subministración de material de oficina consumible para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tlf.: (981) 54 11 01, fax: (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: C.P. nº 4/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Subministración de material de oficina consumible para o Igape.

b) Nº de unidades que se entregarán ás indicadas no prego de prescricións técnicas. O concurso desagrégase en tantos lotes como clases se sinalan no prego de prescricións técnicas, admitíndose ofertas que non conteñan a totalidade dos lotes.

c) Lugar de entrega: a entrega efectuarase na sede do Igape en Santiago de Compostela.

d) Prazo de entrega: sucesivamente, logo do pedido por parte do Igape.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

7.500.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional, 2% do orzamento máximo de licitación: 150.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo, entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou, por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 13 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios.

Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1998.

Casto Varela Gesto

Director xeral adxunto do Instituto Galego de Promoción Económica

2721