Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1998 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia consistente na realización de estudios técnicos en materia de enerxía.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 2/98.

Obxecto do contrato: revisión e actualización do Plan Enerxético de Galicia.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: o prazo máximo de execución abranguerá desde o día seguinte ó asinamento do contrato ata o 1 de setembro de 1999.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: vinte millóns de pesetas (20.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento do contrato (400.000 ptas.).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995 da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: 10 horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

2765