Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/346-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío L.M.T. e R.B.T. na rúa Costa-Castrelos.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: desvío L.M.T. Mestre Goldar-Barreiro, entre os apoios 31 e 32, 35 e 36, ámbalas dúas en tramo aéreo e entre o 32 e 35 en subterráneo. A liña será a 15/20 kV, de 88 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 160 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., estando situadas as instalación na rúa Costa, en Castrelos, concello de Vigo. R.B.T. aéreo-subterráneo, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo RV, cun apoio de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 17 de marzo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

2669