Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Galega de Técnicos de Prevención de Riscos Laborais.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Galega de Técnicos de Prevención de Riscos Laborais que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos técnicos de prevención de riscos laborais que posúan o título de nivel intermedio, conforme o Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servicios de prevención, e estean incluídos no ámbito territorial da asociación.

Asinan a acta de constitución: Ricardo Gabín Faraldo e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

2769