Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. río de Bangos (Navia Suarna-Fonsagrada).
Situación: Navia de Suarna-Fonsagrada.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 1.518 km de lonxitude en conductor 56/54,6 mm Al sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión de 755 metros de lonxitude en conductor R.Z.-0.6/1 kV Al.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 16 de febreiro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
2562