Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a tramitación urxente do concurso público para o deseño e a realización dunha actuación de extensión do uso do galego entre a comunidade educativa.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato de servicios arriba indicado (e que, xunto coa restante documentación de interese para os licitadores, pode ser adquirido no servicio de información da Consellería de Educación e Ordenación Univer

sitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 44 00), faise público:

1. Obxecto: deseño e realización dunha actuación de extensión do uso do galego dirixida ó alumnado de educación primaria coa implicación das familias e o profesorado destes niveis educativos. A actuación desenvolverase durante o mes de maio de 1998 e consistirá no deseño, a confección, a maquetación, a impresión e maila distribución de 400.000 exemplares de libros que, coa denominación xenérica de Contos para a escola e para a casa, serán distribuídos entre tódolos escolares galegos que cursen estudios de 2º e 3º ciclos do ensino primario.

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso.

3. Orzamento: 19.800.000 ptas., IVE incluído.

4. Garantía provisional: 396.000 ptas.

5. Requisitos dos licitadores: os especificados nos puntos 6 e 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, a documentación será presentada no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ata as 14 horas do día 21 de abril de 1998.

7. Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ás 11 horas do día 27 de abril de 1998.

8. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1998.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística

2856