Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 12 de marzo de 1998, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00374-I-97 e XC-00760-I-97).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral

de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lle sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE 27-11-1992), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 12 de marzo de 1998.

Juan Girón Astray

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta/

imposta

DX-00374-I-97

NA-5394-X

LE9OR0033289433

Maquinarias Otero, S.L.

(Otero Romero M.T.)

Rosalía de Castro

O Milladorio, 74

15864 Ames (A Coruña)

Realizar transporte privado complementario de mercadorías (puntais), co vehículo matrícula NA-5394-X, provisto de autorización MPC-territorial, carecendo dos distintivos relativos ó tipo de transporte que está autorizado para realizar.

13-6-1997; 13.43; N-634; 716

O.M. 25 de outubro

de 1990 (BOE 30)

Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto

1211/1990

15.000

ptas.

DX-00760-I-97

C-8783-AS

LO1CO50799623

Ambulancia Sua, S.L.

Amil, 3

15666 Cambre (A Coruña)

Realizar transporte discrecional de viaxeiros carecendo de autorización administrativa. Vehículo de menos de 10 prazas incluído o conductor.

19-5-1997; 12.35

Art. 90 da

Lei 16/1987 e 109

do Real decreto

1211/1990

Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto

1211/1990

100.000

ptas.

3035