Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 178/1996).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, 15009, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a declaración de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica a 20 kV con orixe na liña Recosta-A Pobra pasando polo centro de transformación de Lomba e final na liña A Pobra-Boiro, concello da Pobra do Caramiñal (expediente 178/1996), da que con data 31 de marzo de 1997 se outorgou a declaración de utilidade pública.

En consecuencia, calquera persoa dentro do prazo de quince días seguintes á presente publicación, e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practicará notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectificar a titularidade dos predios, se este é o caso, e recoller datos para a identificación dos bens que se afectan; e formular mediante escrito ante esta delegación alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 10 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 178/1996Provincia: A Coruña

L.M.T. Recosta-LombaTermo municipal: A Pobra do Caramiñal

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1CachadaMonte altoJosefa Caamaño BrenllaRúa Igrexa, 5-2º, 15940

A Pobra do Caramiñal

1 e 241341789

2CachadaMonte altoRamona Lorenzo ManeiroPostmarcos, Ribeiriña, 79

15948 A Pobra do Caramiñal

24400

3CachadaMonte altoCarmen Ribeiro MartínezRúa Angustia, 13,

15948 A Pobra do Caramiñal

80

6CachadaMonte altoValentín Ribeiro MartínezSan Lázaro (Pozo), 24,

15940 A Pobra do Caramiñal

12

7SaboridoMonte altoMercedes Pérez RibeiroSan Lázaro, 46, 15940 A Pobra do Caramiñal1/3-40,6667536

8SaboridoMonte altoVicente Ribeiro DavilaRúa Ponte, 31, 15940 A Pobra do Caramiñal34264

9SaboridoLabradíoEncarnación Oliveira HermaRúa Díaz de Rábago, 31-3º, 15940 A Pobra do Caramiñal20

10SaboridoLabradíoJosé Oubiña ReyPostmarcos, 20, 15948 A Pobra do Caramiñal526180

2471