Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.626

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 27 de marzo de 1998 pola que se modifica a do 29 de xullo de 1996 sobre axudas para a toma de participación no capital social de sociedades mercantís.

A conveniencia de adaptar determinados artigos da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xullo de 1996, pola que se establecen axudas para a toma de participación no capital social de sociedades mercantís, á nova configuración normativa motivada polo Decreto 94/1998, do 20 de marzo, que modifica o Decreto 255/1996, do 14 de xuño, fai necesaria a súa modificación.

Por todo iso, en virtude das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.- Modificación normativa.

Un.- Modifícase o texto do apartado 3 do artigo 6º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xullo de 1996, dándolle a seguinte redacción:

«A subsidiación poderá acadar ata cinco puntos porcentuais, sen que en ningún caso o tipo de xuro nominal para o beneficiario, despois de descontada a subsidiación resulte inferior a 3 puntos.

A subsidiación non superará os sete primeiros anos de vixencia do préstamo».

Dous.- Modifícase o texto do apartado 3 do artigo 7º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xullo de 1996, dándolle a seguinte redacción:

«A subsidiación poderá acadar ata catro puntos porcentuais, sen que en ningún caso o tipo de xuro nominal para o beneficiario, unha vez descontada a subsidiación, resulte inferior a 3 puntos.

A subsidiación non superará os sete primeiros anos de vixencia do préstamo».

Tres.- Modifícase o texto do apartado 3 do artigo 8º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xullo de 1996, dándolle a seguinte redacción:

«A subsidiación poderá acadar ata catro puntos porcentuais, sen que en ningún caso o tipo de xuro

nominal para o beneficiario, unha vez descontada a subsidiación, resulte inferior a 3 puntos.

A subsidiación non superará os sete primeiros anos de vixencia do préstamo».

Disposición transitoria:

Os préstamos referidos a axudas concedidas con anterioridade á entrada en vigor desta orde seguirán rexéndose polas condicións do tipo de xuro vixentes no momento da concesión da axuda.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogados o apartado 3 do artigo 6º, o apartado 3 do artigo 7º e o apartado 3 do artigo 8º da Orde do 29 de xullo de 1996, pola que se convocan axudas para a toma de participación no capital social de sociedades mercantís, así como cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó previsto nesta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

3045