Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.625

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 26 de marzo de 1998 pola que se modifica a do 18 de abril de 1996 pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

A conveniencia de adaptar determinados artigos da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas, á nova configuración normativa motivada polo Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, así como de incluír determinadas modificacións procedementais, dotando fundamentalmente de maior flexibilidade os prazos inicialmente previstos para a vixencia permanente desta orde, fai necesaria a súa modificación.

Por todo iso, en virtude das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.- Modificación normativa.

Un.- Substitúese o texto do artigo 1º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, pola seguinte redacción:

«O obxecto da presente orde é desenvolve-lo programa de axudas financeiras ás empresas galegas consistentes na subsidiación ó tipo de xuro de operacións de préstamo, crédito, ou arrendamento financeiro concertadas con entidades de crédito e destinadas ó financiamento de investimentos ou á reestructuración de empresas, previsto no Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, e polo Decreto 95/1998, do 20 de marzo».

Dous.- As referencias normativas das alíneas a) e b) do punto 1 do artigo 2º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, entenderanse referidas tanto ó Decreto 309/1995, do 23 de novembro, como ó Decreto 95/1998, do 20 de marzo, polo que se modifica o anterior.

Tres.- Substitúese o texto do punto 2 do artigo 2º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, pola seguinte redacción:

«A concesión e xestión destas axudas será efectuada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), con cargo ós conceptos de gasto 0223.71100.77000, 0223.71102.77000, 0223.71104.77000, 0223.71105.77000, 0223.71106.77000, 0223.71107.77000, 0223.71108.77030, 0223.71109.77000, 0299.71100.77000.99, 0299.71102.77000.99, 0299.71104.77000.99, 0299.71107.77000.99 do programa financeiro do seu orzamento, sen prexuízo da asistencia técnica que, por razón da materia, pres

ten as consellerías sectoriais. Para cada anualidade, a concesión das axudas previstas estará supeditada á existencia de crédito orzamentario suficiente».

Catro.- A referencia ó tipo de cambio do ECU que se fai no artigo 3º.1 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, entenderase na data de asinamento de cada convenio que ó seu abeiro se subscriba.

Cinco.- Substitúese o texto do artigo 5º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, pola seguinte redacción:

«O prazo de presentación de solicitudes de axuda no caso de convocatorias mediante convenios que se vaian subscribir coas entidades de crédito fixarase en ditos convenios».

Seis.- Modifícase o último parágrafo do artigo 11º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, quedando redactado da seguinte forma:

«En vista das solicitudes recibidas ó abeiro de cada convenio anual, o Igape poderá, a partir do 30 de setembro de cada ano, redistribuí-las porcentaxes anteditas».

Sete.- Substitúese o texto do artigo 12º, apartado 1.A) 1.a) da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, pola seguinte redacción:

«Cando a operación se destine exclusivamente ó financiamento da modernización, reestructuración, renovación e equipamento de barcos de pesca, sempre que cumpran as condicións establecidas pola UE».

Oito.- Modifícase o último parágrafo do artigo 12º, apartado 1.B), quedando redactado da seguinte forma:

«Non poderán acollerse a este programa as sociedades mercantís que teñen unha relación fondos propios/pasivo alleo que sexa inferior a 29/75, salvo que previa ou simultaneamente adopten as medidas para acadar, polo menos, tal proporción; así mesmo, tampouco poderán acollerse aquelas sociedades que fosen totalmente reestructuradas mediante préstamos subvencionados nos tres últimos anos inmediatamente anteriores ó do asinamento de cada convenio».

Nove.- Modifícase o texto do artigo 12º.4. Tipo de xuro mínimo para o beneficiario, substituíndoo polo seguinte texto:

«O tipo de xuro mínimo para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, será o 2% para aqueles proxectos dentro do programa de investimentos que sexan preferentes por localización ou actividade e que creen emprego neto; no resto de proxectos de investimentos e programas, será o 3%. Nos convenios que se subscriban coas

entidades de crédito poderanse establecer límites superiores».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

2914