Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.619

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.- Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros no texto en galego do citado decreto publicado no Diario Oficial de Galicia nº 33, do mércores, 18 de febreiro de 1998, é necesario face-las seguintes correccións:

Na páxina 1.681, parágrafo 4º, onde di «Lei 11/1988, do 22 de outubro», debe dicir «Lei 11/1988, do 20 de outubro».

Na páxina 1.688, no artigo 19: «A División de Recursos Humanos», no apartado 3.3, onde di: «A Subdirección Xeral de Custos de Persoal», debe dicir: «A Subdirección Xeral de Custos de Persoal e Retribucións».

Na páxina 1.690, no artigo 23: «División de Farmacia e Productos Sanitarios», no apartado 1, onde di: «... a atención farmacéutica nos centros sanitarios...», debe dicir apartado 1.1: «... a atención farmacéutica en tódalas estructuras sanitarias...».

No apartado 2, onde di: «Para o cumprimento das súas funcións contará coa seguinte estructura:

2.1 Subdirección Xeral de Farmacia e Productos Sanitarios», debe dicir: «2. Para o cumprimento das súas funcións contará coa seguinte estructura: Subdirección Xeral de Farmacia e Productos Sanitarios».

No apartado 3, onde di: «Adscríbese á División de Farmacia e Productos Sanitarios, o Comité Asesor do Sergas sobre a utilización... conforme o Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro», debe dicir, apartado 1.2: «Adscríbese á División de Farmacia e Productos Sanitarios, o Comité Asesor do Sergas sobre a utilización terapéutica da hormona do crecemento, da eritropoietina, do interferón e de cantas comisións poideran crearse referentes a medicamentos especiais destinados a patoloxías concretas; así mesmo adscríbenselle o Centro de Farmacovixilancia de Galicia e o Comité Ético de Investigación Clínica, respecto do cal exercerá as funcións atribuídas á Dirección Xeral do Sergas competente en atención especializada polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, correspondéndolle, respecto a este, a proposta das actuacións inspectoras á Secretaría Xeral conforme o citado decreto».

3004