Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de epizootias 027SA/98 e 029SA/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles as persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358 do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas estime convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 23 de marzo de 1998.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 027SA/98.

Denunciado, DNI, último enderezo coñecido: Pequeño Cerviño, Luis. Recesende-Cacheiras Teo (A Coruña). 35.414.723.

Feito denunciado: carecer do certificado de inscrición do vehículo para o transporte de gando vivo, no Servicio de Sanidade Animal e Vexetal desta consellería.

Tipificación da infracción, Regulamento de epizootias: 224 en Rel. co 52.4º do mesmo regulamento.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

Expediente: 029SA/98.

Denunciado, DNI, último enderezo coñecido: Santos Olveira, Francisco. Resua-Nebra, 12, Porto do Son (A Coruña). 76.965.191

Feito denunciado: transportar alimentos frescos sen ir suspendidos do isotermo e non reunir este as condicións de hixiene necesarias para o transporte destas mercadorías.

Tipificación da infracción, Regulamento de epizootias: 224 en Rel. cos artigos 70 e 73 do Decreto 147/1993, do 29 de xaneiro.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

3009