Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas que se citan. (Expedientes 185 e 188/1997).

Outorgada a declaración de utilidade pública por resolución desta delegación de data 3 e 5 de febreiro de 1998, que leva implícita a urxente ocupación, de conformidade co artigo 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, para a execución das instalacións eléctricas que máis abaixo se describen, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Avda. de Arteixo, 171, 15009 da Coruña.

En cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, fáiselles saber ós interesados propostos como titulares dos predios contidos nas relacións anexas que o representante e o perito da Administración se constituirán o día 5 de maio de 1998 nos predios para a toma de datos e levantar, a continuación, nas oficinas da Casa do Concello as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens e os dereitos afectados

por expropiación ou servidumes, a partir das horas que seguen:

Expediente 188/1997.

Liña eléctrica a 20 kV con orixe na liña Betanzos-Teixeiro e centro de transformación no lugar das Chás, no termo municipal de Coirós.

A partir das 10 horas predios números 1 e 2.

Expediente 185/1997.

Liña eléctrica a 20 kV con orixe na liña ó centro de transformación de Castromil e centro de transformación no lugar de Falgorosa, no termo municipal de Aranga.

A partir das 11 horas predios números 2 e 3.

Advírteselles ós interesados, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que deben concorrer ó acto en por si ou por medio de persoas que os representen e, se así o consideran oportuno, cos seus peritos e un notario pola súa conta, podendo nel facer manifestacións e achegar datos que sexan útiles, e formular alegacións por escrito ata o citado levantamento, só para os efectos de emendar posibles erros das relacións.

A Coruña, 10 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 185/1997Provincia: A Coruña

Denominación: L.M.T. a C.T. FalgarosaTermo municipal: Aranga

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2A LoureiraPradoJosé Yáñez GómezRúa Alcalde Lens, 15010 A Coruña321

3A LoureiraPradoFrancisco Yáñez MartíñezMuniferral-Laxe, 15317 Aranga.C.T.6327

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 188/1997Provincia: A Coruña

Denominación: L.M.T. a C.T. ChásTermo municipal: Coirós

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Encrucillada da EspenucaMonte altoElvira Seoane ValladepazRúa Rollo, 24/6-3º, 15300 Betanzos14224

2A CortiñaLabradíoJosé González AmenedoAs Chás, 4, 15316 CoirósC.T.619304

3008