De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1996, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 177, 15009 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a declaración de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 15/20 kV con orixe na liña San Pedro de Mezonzo-Teixeiro e final nos centros de transformación de Xemerás e Brai, concello de Vilasantar (expediente 231/1996), da que con data 8 de maio de 1997 se otorgou a declaración de utilidade pública.
En consecuencia, calquera persoa dentro do prazo de quince días seguintes ó da presente ocupación, e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practicará notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afectan; e formular, mediante escrito ante esta delegación, alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
A Coruña, 10 de marzo de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 231/1996Provincia: A Coruña
L.M.T. ó C.T. XemerásTermo municipal: Vilasantar
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Superficie Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
2 As Cabanas Prado Jesusa López Millares Rúa de Madrid, Pl.-H, Plgno. Fontiñas, 17-4º D, 1570 Santiago de Compostela 1 2 70 980
2536