Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 177/1996).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1996, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 177, 15009 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a declaración de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 15/20 kV con orixe na liña Ponte Carreira-Lanza e final no centro de transformación que se vai instalar no lugar de Alemparte, concello de Frades (expediente 177/1996), da que con data 2 de abril de 1997 se outorgou a declaración de utilidade pública.

En consecuencia, calquera persoa dentro do prazo de quince días seguintes ó da presente ocupación, e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practicará notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectificar a titularidade dos predios, se este é o caso, e recoller datos para a identificación dos bens que se afectan; e formular mediante escrito ante esta delegación alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 10 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 177/1996Provincia: A Coruña

L.M.T. ó C.T. AlemparteTermo municipal: Frades

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1VilarPradoHros. José Blanco MosqueraVilar, Céltigos, 15686 Frades1 e 24721152

2VilarPradoHros. José Blanco MosqueraVilar, Céltigos, 15686 Fradesœ 31831328

5VilarPradoManuel Varela BotanaVilar, Céltigos, 15686 Fradesœ 4 y

5

31772832

2535