Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52892).

Visto o expediente incoado pola empresa Hidroeléctrica de Laracha, S.A. con enderezo social en Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, estudio 6 15005 A Coruña para autorización administrativa e aprobación do proxecto das instalacións que seguen:

- Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 15/25 de 3 (1x95), de 150 m de lonxitude, con orixe na liña, Cillobre-Laracha-Proame e remate no C.T. que se vai construír na r/Camiño a Leborís.

- Centro de transformación en edificio viviendas de 160 kVA e tensións 20/0,380-0,220 kV, con saída de rede de baixa tensión en R.Z. 150 e 65 m de lonxitude. Municipio de Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 4 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2563