Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998 pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso, con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, da subministración consistente na adquisición de diverso material de oficina non inventariable, papel fotocopiadora, material de imprenta e material informático, con destino ós servicios centrais da consellería, distribuído en 4 lotes.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria resolveu convoca-la seguinte contratación polo sistema de concurso, procedemento aberto e polo trámite de urxencia:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición de diverso material de oficina non inventariable, papel fotocopiadora, material de imprenta e material informático, con destino ós servicios centrais da consellería, distribuído en 4 lotes, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para el.

Orzamento de licitación: sete millóns setecentas mil pesetas (7.700.000 ptas.).

Lote 1: papel de fotocopiadora: 1.900.000 ptas.

Lote 2: material de oficina vario: 1.000.000 de ptas.

Lote 3: material de imprenta: 1.900.000 ptas.

Lote 4: material informático: 2.900.000 ptas.

Total: 7.700.000 ptas.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ofertados.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 20 de abril de 1998.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 24 de abril de 1998, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 15-12-97, DOG nº 243, do 17)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

2555